José Juan Figueiras

futbolista galego

José Juan Figueiras García, nado en Vigo o 25 de xaneiro de 1979, é un futbolista galego que xoga de porteiro no Athletic Torrellano, da Terceira División RFEF.

José Juan
Información persoal
Nome José Juan Figueiras García
Nacemento 25 de xaneiro de 1979 (45 anos)
Lugar de nacemento Vigo
Altura 1,83 m
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Athletic Torrellano
Número 1
Carreira xuvenil
Rápido de Bouzas
Areosa
Valadares
1996–1998 Colegio Hogar San Roque
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1998–1999 Valladolid B 1 (0)
1999–2001 Ourense B
1999–2002 Ourense 10 (0)
2002–2004 Celta B 68 (0)
2002–2004 Celta 1 (0)
2004–2005 Ourense 20 (0)
2005–2007 Ciudad de Murcia 53 (0)
2007–2008 Granada 74 6 (0)
2008–2009 Águilas 37 (0)
2009–2012 Granada CF 20 (0)
2012–2017 Lugo 132 (0)
2017–2019 Elche 51 (0)
2019–2022 Alcoyano 60 (0)
2022– Athletic Torrellano 4 (0)
Na rede
Twitter: jjdiabol Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 26 de abril de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a xogar ao fútbol en varios equipos vigueses como o Rápido de Bouzas, o Areosa e o Valadares.[1] Aos 18 anos, cando aínda era coñecido como Josiño e tras xogar dúas tempadas como xuvenil no Colegio Hogar San Roque, a segunda delas na División de Honra, foi fichado polo Real Valladolid para o seu filial, o Valladolid B.[2] Con todo, no equipo de Segunda B que adestraba o tamén vigués Antonio Gómez só disputou un partido, na xornada 37 fronte ao Real Zaragoza B.

Na tempada 1999/00 volveu a Galicia para incorporarse ao CD Ourense. Nas súa primeira tempada en Ourense xogou no filial en Terceira, disputando tamén un partido co primeiro equipo en 2ªB, mentres que no seu segundo ano foi o porteiro suplente de Ramón no primeiro equipo, aínda que na parte final da tempada xogou tamén varios partidos co filial en Preferente.[3] Na seguinte tempada, a 2001/02, volveu ser o porteiro suplente do primeiro equipo, tendo por diante a Santisteban e disputando un total de nove partidos.

No verán de 2002 fichou polo Celta de Vigo para xogar no seu filial, o Celta B, en Segunda División B. Foi o porteiro titular toda a tempada por diante de Dani Giménez e incluso debutou co primeiro equipo na penúltima xornada de Primeira División, fronte ao Real Racing Club de Santander en Balaídos, entrando na segunda parte despois de que Pablo Cavallero fora expulsado.[4] Disputou a seguinte tempada de novo co filial como porteiro titular, e debutou na Copa do Rei co primeiro equipo, no partido de volta dos cuartos de final fronte ao Alavés.

Tralo seu paso polo club celeste volveu ao Ourense,[5] adestrado por Milo Abelleira. No club ourensán recibiu só 11 goles en 20 partidos na primeira parte da tempada, o que propiciou o seu traspaso no mercado invernal ao Ciudad de Murcia, da Segunda División.[6] O meta vigués fíxose coa titularidade no que restaba de tempada, pero nas seguintes tivo que competir polo posto con Jaime Jiménez. No 2008 o club foi trasladado de Murcia a Granada e o seu nome foi mudado a Granada 74 Club de Fútbol, descendendo ao final da tempada.

No verán de 2009 asinou co Águilas para xogar de novo na categoría de bronce, disputando 38 partidos. Ao ano seguinte fichou polo Granada Club de Fútbol, con quen ascende en dous anos desde Segunda B até a Primeira División. Na súa primeira tempada no equipo andaluz xogou 17 partidos pero tras a chegada do tamén galego Roberto en 2010 apenas dispuxo de minutos, e non chegou a xogar co equipo en Primeira na tempada 2011/12. No verán do 2012 asinou polo Club Deportivo Lugo, na Segunda División, onde compartiu a portería nos dous primeiros anos con Yoel e Dani Mallo. Na súa segunda tempada acabou por converterse nun dos referentes do club albivermello, destacando actuacións como a da última xornada ante o Club Deportivo Mirandés. En 2015 chegou de novo Roberto, que esta vez non conseguiu gañar a titularidade fronte a José Juan, o cal continuou como primeiro porteiro do Lugo ata 2017.

Tras cinco tempadas co club albivermello, onde disputou máis de 130 partidos, quedou libre e asinou co Elche CF da Segunda División B. Despois de conseguir o ascenso á Segunda División co club ilicitano na tempada 2017/18, perdeu a titularidade ao ano seguinte e abandonou o club en xuño de 2019. Fichou entón polo CD Alcoyano da Terceira División, co obxectivo de retornalo á Segunda B, obxectivo que conseguiu na súa primeira tempada. En xaneiro de 2021, a só 5 días de facer os 42 anos, tivo unha destacada actuación no partido de dezaseisavos de final da Copa do Rei fronte ao Real Madrid, no que o seu equipo conseguiu remontar o gol inicial de Militão e eliminar na prórroga ao 13 veces campión de Europa.[7] O club de Alcoi caeu finalmente eliminado na seguinte rolda ante o Athletic Club.

Na tempada 2021/22, o Alcoyano volveuse enfrontar ao Real Madrid na mesma rolda da Copa, sendo desta vez a vitoria para o club madrileño por 1-3.[8] Ao remate da campaña, José Juan deixou o equipo alacantino, cun total de 67 encontros oficiais disputados en dous anos. Fichou entón polo Athletic Torrellano, da Terceira División RFEF.[9]

Clubs editar

Ano Club División Partidos Goles rec.
1999-2000 Ourense Segunda B 1 1
2000-2001 Ourense Segunda B 0 0
2001-2002 Ourense Segunda B 9 10
2002-2003 Celta B Segunda B 37 39
2002-2003 Celta Primeira 1 2
2003-2004 Celta B Segunda B 32 23
2004-2005 Ourense Segunda B 20 12
2005 Ciudad de Murcia Segunda 15 16
2005-2006 Ciudad de Murcia Segunda 17 21
2006-2007 Ciudad de Murcia Segunda 21 20
2007-2008 Granada 74 Segunda 6 14
2008-2009 Águilas Segunda B 37 44
2009-2010 Granada Segunda B 18 19
2010-2011 Granada Segunda 3 3
2011-2012 Granada Primeira 0 0
2012-2013 Lugo Segunda 11 18
2013-2014 Lugo Segunda 27 24
2014-2015 Lugo Segunda 29 42
2015-2016 Lugo Segunda 37 43
2016-2017 Lugo Segunda 28 36
2017-2018 Elche Segunda B 36 29
2018-2019 Elche Segunda 15 23
2019-2020 Alcoyano Segunda B 27 14
2020-2021 Alcoyano Segunda 10 6

Notas editar

  1. Durán, P. (10 de xaneiro de 2013). "A dura viaxe de Josiño". El Progreso. Consultado o 21 de xaneiro de 2021. 
  2. "El Valladolid B ficha a «Josiño» del Colegio Hogar". La Voz de Galicia (en castelán) (Vigo ed.). 15 do xullo de 1998. p. 53. 
  3. "Josiño volvió a la actividad con el filial". La Voz de Galicia (en castelán) (Ourense ed.). 25 de abril de 2001. p. 31. 
  4. "Épico empate del Racing en Balaídos". El Mundo. 11 de maio de 2003. 
  5. "José Juan Figueiras regresa a la portería del Ourense". La Voz de Galicia (en castelán) (Ourense ed.). 24 de xullo de 2004. p. 35. 
  6. "Javi Fernández toma el relevo de José Juan en el Ourense". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de febreiro de 2005. p. 37. 
  7. "Alcoyano remonta con dez e elimina o Real Madrid". galego.farodevigo.es. Consultado o 21 de xaneiro de 2021. 
  8. "Alcoyano 1 - Real Madrid 3: resumen, resultado y goles. Copa del Rey". As (en castelán). 6 de xaneiro de 2022. Consultado o 26 de abril de 2023. 
  9. "El portero José Juan ficha por el Torrellano tras dejar el Alcoyano: «Me hubiera gustado terminar mi carrera en este club»". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de agosto de 2022. Consultado o 26 de abril de 2023.