José Guirao

político español

José Guirao Cabrera, nado en Pulpí (Almería) o 9 de xuño de 1959 e finado en Madrid o 11 de xullo de 2022,[1] foi un xestor cultural e experto en arte español, ministro de Cultura e Deporte do Goberno de España.

Modelo:BiografíaJosé Guirao

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Guirao Cabrera Editar o valor en Wikidata
9 de xuño de 1959 Editar o valor en Wikidata
Pulpí, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de xullo de 2022 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Diretor-geral (pt) Traducir Fundación Montemadrid
25 de maio de 2020 – 11 de xullo de 2022
Deputado no Congreso dos Deputados

3 de decembro de 2019 – 29 de xaneiro de 2020 – Indalecio Gutiérrez (pt) Traducir →

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Almería

Deputado no Congreso dos Deputados
14 de maio de 2019 –

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Almería

Ministro de Cultura e Deporte
13 de xuño de 2018 – 13 de xaneiro de 2020
← Máximo Huerta HernándezJosé Manuel Rodríguez Uribes (pt) Traducir →
Diretor-geral (pt) Traducir Fundación Montemadrid
2013 – 13 de xuño de 2018
Director La Casa Encendida (pt) Traducir
2002 – 2013
Director de museo Museo Raíña Sofía
setembro de 1994 – 2001
Q109538588 Traducir
1983 – 1987
Pulpí city councilor (en) Traducir
1983 – 1987
Q37454227 Traducir Museo del Grabado Español Contemporáneo (en) Traducir
Q37454227 Traducir Fundación Antonio Gala (pt) Traducir
Q37454227 Traducir Fundación Federico García Lorca (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Murcia - Doutor en filosofía Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxestor cultural, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1641356 Dialnet: 1975351

Traxectoria

editar

É licenciado en filoloxía hispánica, rama Literatura Española, pola Universidade de Murcia. Foi responsable da área de Cultura da Deputación Provincial de Almería entre 1983 e 1987.

En 1988 marchou a Sevilla, onde ocupou o cargo de director xeral de Bens Culturais na Xunta de Andalucía. Ata 1993 desenvolve proxectos de peso, como o Plan Xeral de Bens Culturais de Andalucía, a Lei 1/91 do Patrimonio Histórico de Andalucía, o proxecto do Centro Andaluz de Arte Contemporánea e a creación do Instituto Andaluz do Patrimonio Histórico.

Desde Sevilla pasou a Madrid, onde durante un ano foi director de Belas Artes e Arquivos do Ministerio de Cultura. Foi nomeado en 1994 director do Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía, cuxa colección permanente remodelou. Foi ademais o encargado de licitar a ampliación do museo, proxecto que gañou o arquitecto francés Jean Nouvel.

Desde o 2001 estivo á fronte de La Casa Encendida, espazo social e cultural de referencia en Madrid pertencente á extinta Caja Madrid e, tras a súa transformación en 2013, á Fundación Montemadrid. É entón nomeado director xeral desta Fundación, cuxa actividade se dirixe cara á mellora da calidade de vida e a inclusión de persoas en dificultade social, á vez que se fomenta unha cidadanía participativa cun maior acceso á cultura e á educación, así como a protección do medio ambiente e conservación do patrimonio histórico.

José Guirao é patrón da Fundación Federico García Lorca, da Fundación Antonio Gala e da Fundación Museo do Gravado Español Contemporáneo de Marbella. Ademais, é profesor convidado do máster de Xestión Cultural da Universidade Carlos III de Madrid.

Foi elixido en 2018 para substituír a Màxim Huerta como ministro de Cultura e Deporte no goberno de Pedro Sánchez. Sancionado o seu nomeamento por Filipe VI mediante real decreto do 13 de xuño, prometeu o seu cargo o 14 de xuño de 2018 no Palacio da Zarzuela.

Recoñecementos

editar

En decembro de 2022, foille outorgada a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes do Goberno de España.[2]

  1. García, Concha (11 de xullo de 2022). "Muere el ex ministro de Cultura José Guirao". La Razón (Madrid). 
  2. "El Gobierno distingue a 33 personalidades y entidades de la cultura con la Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes 2022". culturaydeporte.gob.es (en castelán). 27 de decembro de 2022. Consultado o 25 de setembro de 2023. 

Véxase tamén

editar