José Gabeiras

militar español

José Gabeiras Montero, nado en Ferrol en 1916 e finado en Madrid o 2 de xaneiro de 2005, foi un militar español que ocupou o cargo de Xefe do Estado Maior do Exército entre 1979 e 1982.

Infotaula de personaJosé Gabeiras
Biografía
Nacemento1916 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de xaneiro de 2005 Editar o valor em Wikidata (88/89 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Chief of Staff of the Army (en) Traducir
18 de maio de 1979 – 15 de xaneiro de 1982 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1936 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarSpanish Artillery Arm (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarTenente xeneral (1979–)
general de división (pt) Traducir (1976–)
xeneral de brigada (1973–) Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra civil española e Fronte Oriental Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria

editar

Realizou os seus primeiros estudos na súa cidade natal, e posteriormente trasladouse a Santiago de Compostela, onde fixo os tres primeiros anos de Física e Química. Durante esta etapa, practicou varios deportes, chegando a formar parte da selección nacional de hóckey herba.

Carreira militar

editar

En 1934, ingresou na academia de Artillaría de Segovia, onde se graduou en 1936, coincidindo co comezo da guerra civil española.

No transcurso da guerra, ascendeu a tenente, participando co bando nacional. Tras o fin da contenda, enrolouse na División Azul, para loitar na segunda guerra mundial.

Posteriormente, desenvolveu sempre postos de importancia no exército. Foi o xefe do Rexemento de Artillaría nº 13 de Xetafe, profesor da Academia de Artillaría e profesor da Escola de Estado Maior, onde chegou a ser Xefe de Estudos. En 1977, xa coa Democracia, foi nomeado Secretario de Estado para Asuntos da Defensa, cargo que desempeñou, dende o seu papel de militar.

En 1973 foi nomeado Xeneral de Brigada, e ascendeu meteoricamente a Xeneral de División en 1976 co final da Ditadura do Xeneral Franco. O 18 de maio de 1979, foi nomeado tenente xeneral de artillaría, para ser nomeado Xefe do Estado Maior do Exército, cargo que desempeñaría ata 1984, onde pasou á reserva activa, pechando unha vida laboral entregada ao exército.

A súa actuación profesional máis coñecida, é por ser a intelixencia de facto no errado golpe de estado do 23 de febreiro de 1981 en España. O xeneral Gabeiras, xunto co rei Xoán Carlos I, o seu conselleiro, Sabino Fernández Campo, tamén xeneral do exército, e o Director da Seguridade do Estado naqueles tempos, Francisco Laína, foron os catro protagonistas que provocaron o fracaso golpista. Foi Gabeiras o encargado de recoller a rendición do tenente coronel Tejero, á porta do Congreso dos Deputados, asinando a xa famosa rendición do capó, chamada así por terse asinado sobre o capó dun vehículo militar, contendo as condicións da rendición dos máis de 200 gardas civís que retiveron o pleno do Congreso durante máis de vinte e catro horas.

Condecoracións e retirada

editar

En 1984, o rei Xoán Carlos I, impúxolle a medalla da Gran Cruz de Carlos III, polo seu desempeño exemplar en toda a súa carreira profesional. Ademais estaba en posesión da Gran Cruz da Orde do Mérito Militar, Gran Cruz da Real e Militar Orde de San Hermenegildo e a Cruz Vermella do Mérito Militar.

En 2002 retirouse da súa vida pública e volveu á súa Galicia natal. Os últimos anos da súa vida pasounos na súa casa de Cervás, en Ares, na comarca de Ferrol, loitando por facer oír a voz dos veciños afectados pola localización dunha controvertida planta regasificadora na ría de Ferrol (REGANOSA) e fíxoo desde a presidencia de honra da plataforma veciñal.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar