Xosé Carlos Bermejo

historiador galego
(Redirección desde «José Carlos Bermejo Barrera»)

Xosé Carlos Bermejo Barrera, nado en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1952[1], é un historiador galego.

Xosé Carlos Bermejo Barrera
Nacemento5 de novembro de 1952
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónhistoriador e profesor universitario
PaiFrancisco Bermejo Martínez
CónxuxeMar Llinares García
IrmánsPilar Bermejo Barrera
Coñecido porLa sociedad en la Galicia castreña
Na rede
Dialnet: 144497
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Francisco Bermejo Martínez, e irmán de Pilar Bermejo Barrera. Licenciouse na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela, e acadou o título de doutor en Historia en xuño de 1974 coa tese: Algunos aspectos de la concepción de la naturaleza y la cultura en la mitología griega. Análisis estructural coa nota de sobresaínte e Premio Extraordinario Fin de Carreira. É catedrático de Historia Antiga na Facutade de Xeografía e Historia da USC dende xullo de 1992. As súas liñas de investigación desenvólvense no estudo da mitoloxía e relixións da Antigüidade, por un lado, e na teoría e xenealoxía da Historia, por outro.

En 2008 un artigo seu crítico co método de investigación arqueolóxico do equipo de Felipe Criado Boado e a Xunta de Galicia foi censurado polo CSIC[2].

ObrasEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar