Felipe Criado Boado

arqueólogo galego


Felipe Criado Boado, nado en Santiago de Compostela o 4 de setembro de 1960, é un arqueólogo galego vinculado ao CSIC. Ten realizado investigacións e traballos de campo en Galiza, España, Portugal, o Reino Unido, Chile, a Arxentina, o Perú e o Uruguai.

Infotaula de personaFelipe Criado Boado
Biografía
Nacemento4 de setembro de 1960 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarqueólogo , antropólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiFelipe Criado Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciado pola Universidade de Santiago de Compostela en 1982 e doutorado en 1989. Foi profesor titular da USC dende 1991. En 2000 entrou no CSIC como Profesor de Investigación no Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Dende 2003 é Coordinador Científico-técnico da Área de Humanidades e Ciencias Sociais[1].

A súa maior achega foi a definición e consolidación da arqueoloxía da paisaxe: neolítico, megalitismo, idade de bronce, cultura castrexa ou arte rupestre. Foi creador en 1991 do Grupo de Investigación en Arqueoloxía da Paisaxe na Universidade de Santiago de Compostela. Este grupo integrouse en 1997 no Instituto Tecnolóxico da USC como Laboratorio de Arqueoloxía e formas culturais. En maio de 2010 pasou a ser unha unidade asociada ao Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento do CSIC como Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) constituído por máis de trinta investigadores e técnicos[2].

En 2008 un artigo do catedrático Xosé Carlos Bermejo Barrera da USC crítico co método de investigación arqueolóxico do equipo de Felipe Criado Boado e a Xunta de Galicia foi censurado polo CSIC[3].

A European Association of Archaeologist (EAA), segunda asociación de arqueólogos máis importante do mundo despois da Society for American Archaeology, elixiuno como presidente para o período entre 04/09/2015 e 01/09/2021[4][5].

En 2023, sendo director do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, recibiu o premio Ramón Menéndez Pidal de Humanidades na categoría sénior. O ministerio destacou os seus estudos recentes sobre "como o mundo que construímos e habitamos modifica a nosa mente e a nosa forma de procesar a información".[6]

Obra editar

Felipe Criado Boado é autor de 12 libros e 154 artigos científicos[7].

Notas editar

  1. Felipe Criado Boado Arquivado 08 de xuño de 2013 en Wayback Machine. na web da Asociación Española de Científicos (en castelán).
  2. Felipe Criado Boado en Galegos.
  3. "El CSIC censura un artículo crítico con la política arqueológica de la Xunta", artigo en La Opinión de A Coruña, 21 de maio de 2008 (en castelán).
  4. "Felipe Criado Boado, presidente de la EAA. DLGGA-Delegación del CSIC en Galicia". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2015. Consultado o 07 de outubro de 2015. 
  5. EAA, ed. (24/05/2019). "EAA BOARDS AND COMMITTEES". Arquivado dende o orixinal o 30/04/2021. Consultado o 24/05/2019. 
  6. País, El (2023-09-22). "Luis Enjuanes encabeza los Premios Nacionales de Investigación 2023". El País (en castelán). Consultado o 2023-09-22. 
  7. CSIC Felipe Criado-Boado, obras do autor, en Academia.edu.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar