Jorge Eduardo Acosta
Jorge Eduardo Acosta, coñecido como "el Tigre", nado o 27 de maio de 1941, era un capitán de corveta xefe do Grupo de Tarefas 3.3.2 baseado na ESMA e dese centro clandestino de detención.
Traxectoria
editarDelitos e asasinatos
editarAcosta era quen tomaba as decisións sobre tortura e morte na ESMA[Cómpre referencia]. En particular foi quen tomou a decisión de lanzar ao río ao grupo de monxas francesas Duquet e Domon e as nais de Praza de Maio Villaflor, Ballestrino e Ponce , así como a morte de Dagmar Hagelin[Cómpre referencia].
Descubríronselle polo menos 82 delitos probábeis. Entre eles os secuestros, desaparición e torturas da familia Tarnopolsky, Nilda Noemí Actis Goretta, Lisandro Cubas, Carlos Alberto García e Ricardo Coquet, da adolescente sueco-arxentina Dagmar Hagelin, do grupo de Nais de Praza de Maio e activistas de dereitos humanos secuestrados na igrexa da Santa Cruz entre o 8 e o 10 de decembro de 1977 entre quen estaban tamén a monxas francesas Alice Domon e Léonie Duquet.
Membro do Centro de Informacións sobre a Represión.
En 1981 viaxou a Suráfrica para asesorar ao goberno do apartheid na loita contrainsurxente.
En 1998 descubriuse que posuía unha conta secreta en Suíza, que podería haberse usado para bens subtraídos aos detidos-desaparecidos [1].
Xuízos
editarBeneficiado pola Lei de Obediencia Debida, foi detido novamente e permanece en arresto preventivo pola súa participación no roubo de nenos nacidos en cativerio.
Anuladas as leis de Punto Final e Obediencia Debida polo Congreso en 2003, reabríronse as causas nas que estaba imputado. En agosto de 2006 a xustiza arxentina decidiu elevar a xuízo oral e público a causa da ESMA na que Jorge Eduardo Acosta será axuízado xunto a Alfredo Astiz e Adolfo Miguel Donda [2]
En Italia acúsaselle de crimes cometidos contra cidadáns italianos durante a ditadura.[3][4]
Xuízo en España
editarEn 1997 o xuíz español Baltasar Garzón solicitou a detención e extradición de 45 militares arxentinos e un civil a quen procesou por xenocidio, terrorismo de Estado e someter a torturas a presos políticos durante o réxime de facto que gobernou na Arxentina entre 1976 e 1983. Entre eles atópase Rubén Franco [5]. A petición foi rexeitada varias veces polo goberno arxentino alegando o principio de territorialidade.
O 27 de xullo de 2003 o presidente Néstor Kirchner mediante o Decreto 420/03 modificou o criterio de rexeitamento das extradicións sustentado ata ese momento ordenando a "obrigatoriedade do trámite xudicial" solicitado pola Xustiza española, e abrindo así o camiño á extradición efectiva dos militares requiridos [6].
En agosto de 2003 o entón presidente de España José María Aznar ordenou non continuar co proceso de extradición dos solicitados por crimes durante o goberno de facto na Arxentina. Esta decisión foi anulada polo Tribunal Supremo de España en 2005 [7] ordenando continuar adiante coas extradicións solicitadas por Garzón.
Notas
editar- ↑ Acosta, Desaparecidos
- ↑ Los rostros del terror van al banquillo, Página 12, 22 de agosto de 2006
- ↑ "Por el asesinato de una italoargentina en 1976: Piden en Italia que se procese a Massera, Astiz y Acosta, Clarín, 17 de novembro de 2004". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2004. Consultado o 04 de febreiro de 2008.
- ↑ "Italia: Someterán a proceso a altos oficiales argentinos, El Reloj, 6 de abril de 2006". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 04 de febreiro de 2008.
- ↑ Auto de procesamiento de militares argentinos, Juzgado Central de Instrucción Nº 5 de ESpaña, 29 de decembro de 1997
- ↑ "Argentina al rojo vivo tras la decisión del presidente Kirchner de habilitar la extradición de militares acusados de violaciones a los derechos humanos, El Espectador, 27 de xullo de 2003". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2007. Consultado o 04 de febreiro de 2008.
- ↑ Corte Suprema española ordenó pedir extradición de militares argentinos, 22 de julio de 2005