Lei de Punto Final

A Lei 23.492, chamada Lei de Punto Final[1], foi promulgada na Arxentina o 24 de decembro de 1986 durante a presidencia de Raúl Alfonsín, establecendo a paralización dos procesos xudiciais contra os autores das detencións ilegais, torturas e asasinatos que tiveron lugar na etapa de ditadura militar, que comezou co golpe de estado.

Convocatoria dunha manifestación contra a Lei de Punto Final.

A lei, que sancionaba a impunidade dos militares pola desaparición de 30.000 persoas, foi obxecto dunha viva polémica tanto daquela como despois.

Contido editar

O seu texto é moi curto, con soamente sete artigos; ditaba o fin da investigación e persecución dos acusados de violencia política durante a ditadura, ata a restauración do réxime democrático o 10 de decembro de 1983. Nun dos seus parágrafos indicaba literalmente: "extinguirase a acción penal contra toda persoa que cometese delitos vinculados á instauración de formas violentas de acción política ata o 10 de decembro de 1983."

O artigo nº 5 exceptuaba a aplicación da lei en casos de falsificación de identidade e desaparición de menores. Este caso ocorrera como secuestro de bebés, fillos de prisioneiras políticas destinadas a desaparecer, que eran polo xeral adoptados por militares, que borraban as pegadas da verdadeira identidade dos bebés.

Finalidade editar

Durante eses anos a democracia estaba permanentemente ameazada por sectores das Forzas Armadas que se negaban a aceptar o axuizamento por violacións aos dereitos humanos durante o réxime militar anterior. Para intentar manter baixo control o descontento nas Forzas Armadas, en 1986 o Congreso sancionou a Lei de Punto Final impoñendo un prazo de 60 días para procesar aos acusados de delitos de lesa humanidade cometidos durante o goberno militar.

Aínda así, a lei non foi abondo para os contentar, e na Semana Santa de 1987 produciuse unha rebelión militar chamada dos carapintadas.

É de notar que, case ao mesmo tempo, se promulgaba no Uruguai a "Lei de Caducidade", así como xa existía en Chile a "lei de amnistía".[2]

Aprobación e revogación editar

Despois de soamente 3 semanas de debate, e a pesar de que catro días antes, o 19 de decembro, unhas 100.000 persoas protagonizasen unha marcha esixindo que o proxecto non fose aprobado, a lei foi aprobada o 24 de decembro do 1986. Na Cámara dos Deputados o resultado da votación foi de 114 a favor, 17 en contra e 2 abstencións; no Senado, 25 votaron a favor e 10 en contra.

Tanto esta lei como a posterior Lei de Obediencia Debida foron fortemente cuestionadas por parte das organizacións de dereitos humanos, o movemento estudantil, e as forzas políticas progresistas.

A lei, xunto coa súa complementaria, a de Obediencia debida, foron consideradas nulas polo Congreso Nacional en 2003, e finalmente declaradas nulas pola Corte Suprema de Xustiza, por ser inconstitucionais, o 14 de xuño de 2005.e finalmente declaradas nulas pola Corte Suprema de Xustiza, por ser inconstitucionais, o 14 de xuño de 2005. Isto permitiu que se reabrisen os casos relacionados con crimes contra a humanidade. O primeiro de tales casos, no que estaba implicado Miguel Etchecolatz, antigo vice-comandante da Policía Provincial de Buenos Aires , finalizou en setembro do 2006, sentando xurisprudencia ao recoñecer que o terrorismo de estado da ditadura era unha forma de xenocidio. [3][4]

Notas editar

  1. Lei 23.492 - Texto completo da Ley de Punto Final.
  2. Argentina, Juicio a los militares
  3. BBC News, 13 August 2003. Argentina overturns amnesty laws.
  4. BBC News, 21 August 2003. Argentina scraps amnesty laws.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar