Léonie Duquet

activista francesa

Léonie Reneé Duquet, nada en La Chanelotte (Les Combs) en 1916 e finada no mar Arxentino (preto de Santa Teresita) o 17 ou 18 de decembro de 1977, foi unha monxa católica francesa detida-desaparecida durante a ditadura militar na Arxentina denominada Proceso de Reorganización Nacional (1976-1983). O caso da desaparición e asasinato de Léonie Duquet está relacionado co da súa compañeira de congregación Alice Domon e o caso de ambas é mundialmente coñecido como o de «las monjas francesas».

Léonie Duquet
Nome completoLéonie Henriette Duquet
Nacemento9 de abril de 1916
Lugar de nacementoLongemaison
Falecementodecembro de 1977
Lugar de falecementoArxentina e Océano Atlántico
SoterradaIgrexa da Santa Cruz
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónreligiosa católica
Na rede
Find a Grave: 11846497 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Léonie Duquet naceu na aldea campesiña de La Chanelotte, en les Combs, en Francia. Desde moza ingresou á Congregación das Misións Estranxeiras de París Société des Missions Etrangères) que a enviou en 1949 á Arxentina, instalándose en Hurlingham e Morón, no cordón industrial de Buenos Aires, orientándose á catequese de persoas con necesidades especiais.

Duquet formou alí parte do grupo dirixido polo sacerdote Ismael Calcagno, primo político de Jorge Rafael Videla, o ditador ao mando ao momento de ser secuestrada e asasinada. Paradoxalmente, Léonie Duquet coñeceu a Videla de mozo debido a que este recorreu á súa axuda para a asistencia do seu fillo Alejandro, un neno discapacitado a quen Léonie coidou, ensinou e catequizou na Casa da Caridade de Morón[1]

Na década do 60 Léonie Duquet foi convidada polo bispo Monseñor Jaime de Nevares para trasladarse á provincia de Neuquén, na Patagonia, e traballar coa comunidade mapuche na localidade de El Malleo.

Logo regresou ao gran Buenos Aires para traballar no Colexio Sacro Corazón de Jesús de Castelar e realizar catequese liberadora en Ramos Mejía, onde estableceu o seu fogar.

Ao producirse o golpe militar do 24 de marzo de 1976 e instalarse un réxime fundado no terrorismo de estado Léonie tomou a decisión de actuar en defensa dos dereitos humanos. Para explicar a súa actitude adoitaba repetir unha frase: callarse hoy sería cobarde.[2]

Por ese tempo hospedou na súa casa a monxa Alice Domon que fora a Corrientes para axudar na procura de desaparecidos vinculados ás Ligas Agrarias que organizaban aos pequenos produtores de algodón. Moitas das reunións das primeiras organizacións de dereitos humanos realizábanse na súa casa.

En decembro de 1977 Léonie, xunto a Alice Domon, as Nais de Praza de Maio e outros activistas de dereitos humanos, prepararon unha solicitude co nome dos desaparecidos e o reclamo ao goberno de dar a coñecer o seu paradoiro. A solicitude foi publicada no diario La Nación o 10 de decembro de 1977, o mesmo día da súa desaparición. Entre os asinantes figura o nome de Gustavo Niño, nome falso que utilizou o entón capitán da Mariña Alfredo Astiz para infiltrarse no grupo das Nais de Praza de Maio.[3]

Desaparición, secuestro, tortura e asasinato editar

 
A ESMA.

Entre o xoves 8 de decembro e o sábado 10 de decembro de 1977 un grupo de militares baixo o mando de Alfredo Astiz secuestrou a un grupo de 12 persoas vinculadas á Nais de Praza de Maio.[4] Entre elas se atopaba Léonie Duquet, xunto coa fundadora de Nais de Praza de Maio Azucena Villaflor e a súa compañeira tamén monxa francesa Alice Domon.

A maior parte do grupo foi secuestrado na Igrexa Santa Cruz situada no barrio de San Cristóbal da cidade de Buenos Aires, onde adoitaban reunirse. Debido a que Léonie non se atopaba alí, os militares foron o 10 de decembro a Ramos Mejía, no Gran Buenos Aires, para secuestrala na Capela de San Pablo[5]. Os secuestradores enganaron a Duquet dicíndolle que Alice Domon sufrira un accidente e atopábase nun hospital, ofrecéndose a levala.

Léonie foi levada directamente ao centro clandestino de detención situado na Escuela de Mecánica de la Armada (ESMA), baixo o control da Mariña Arxentina, onde foi recluída no sector denominado "Capuchita". Alí permaneceu aproximadamente 10 días, lapso durante o cal foi constantemente torturada. No Informe Nunca Más as testemuñas Maggio e Cubas, sobreviventes da ESMA, relataron o que sabían sobre a súa sorte:

...Lo mesmo sucedió con las religiosas francesas Alice Domon y Leonie Renée Duquet. Tuve oportunidad personal de hablar con la hermana Alice, ya que fue llevada junto con la hermana Renée al tercer piso del Casino de Oficiales de la ESMA, lugar donde me encontraba cautivo. Esto ocurre alrededor del 11 ó 12 de diciembre. Es cuando me cuenta que había sido secuestrada en una iglesia, conjuntamente con familiares de desaparecidos. Luego supe que eran 13 personas; las hermanas estaban muy golpeadas y débiles, ya que para llevar al baño a la hermana Alice tenían que sostenerla dos guardias. Le pregunte si la habían torturado y me contestó afirmativamente: la habían atado a una cama totalmente desnuda y le habían aplicado la picana por todo el cuerpo; además dijo que después la habían obligado a escribir una carta a la Superiora de su Congregación, la escribió en francés bajo constante tortura, y posteriormente le sacaron una foto a ambas, sentadas junto a una mesa. Las fotos les fueron sacadas en el mismo lugar donde las torturaron: el subsuelo de Casino del Oficiales. Las hermanas estuvieron en ESMA unos diez días, torturadas e interrogadas. Luego fueron «trasladadas» junto con las once personas restantes. Los rumores internos fundamentados por el apresuramiento con que se sacó de allí a estas personas, indicaban el asesinato de las mismas. (Testemuño de Horacio Domingo Maggio, Cartapacio N° 4450).
Cayeron alrededor de 10 ó12 familiares, entre ellos la Hermana francesa Alice Domon. Más tarde fue llevada también a la ESMA la hermana Rennée Duquet, de la misma Congregación religiosa que la hermana Alice. A la hermana Renée la alojaron en "Capuchita". Las hermanas Alice y Renée fueron salvajemente torturadas, especialmente la primera. La conducta de ellas fue admirable. Hasta en sus peores momentos de dolor, la Hermana Alice que estaba en "Capucha"- preguntaba por la suerte de sus compañeros y en el colmo de la ironía- en forma particular por el «muchachito rubio», que no era otro que el Teniente de Fragata Astiz (quien se había infiltrado en el grupo haciéndose pasar por familiar de un desaparecido)... A punta de pistola la obligó a la hermana Alice a redactar una carta de su puño y letra... Para coronar esa parodia se les tomó (a ambas Hermanas) fotografías en el propio laboratorio fotográfico de la ESMA, en las que aparecían sentadas delante de una mesa con un cartel del Partido Montonero atrás. Las Hemanas Alice y Renée fueron «trasladadas» y junto con ellas los familiares secuestrados en la misma circunstancia. (Testemuño de Lisandro Raúl Cubas, Cartapacio N° 6974).

A nacionalidade francesa das irmás Léonie Duquet e Alice Domon xerou un escándalo internacional, especialmente con Francia. Por esa razón o Xefe da Armada e membro da Xunta Militar, Emilio Massera, ordenou simular que ambas as monxas foran secuestradas pola organización guerrilleira Montoneros. A tal fin Domon foi obrigada baixo tortura a escribir unha carta á súa superiora na congregación, carta que foi escrita en francés, dicindo que foran secuestradas por un grupo opositor ao goberno de Videla. Logo sacáronlles a foto que se atopa nesta páxina na que as dúas monxas atópanse sentadas diante dunha bandeira de Montoneros e exhibindo un exemplar do diario La Nación. A foto, que foi tomada no subsolo do Casino de Oficiais da ESMA e na que ámbalas dúas relixiosas aparecen con evidentes signos de ser torturadas, foi enviada á prensa francesa.

Durante o seu cativerio outra detida, Graciela Daleo, atopouse con Léonie Duquet na cociña, onde se atopaba sentada e encapuchada e recentemente traída da sala de torturas. Daleo preguntoulle entón que necesitaba, ao que Léonie contestoulle: "un café". Inmediatamente un garda ordenoulle a Daleo retirarse. É o último testemuño que se ten da súa vida [6].

O 15 de decembro de 1977 o diario La Nación publicou unha noticia da axencia EFE baixo o título "Vivas y con buena salud". Alí se informaba que a Nai Superiora da Congregación declaraba desde Francia que as irmás Léonie e Alice foran detidas e que "se hallan vivas y con buena salud". Aclaraba tamén que a información proviña do Nuncio na Arxentina.

Probabelmente o día 17 ou 18 de decembro de 1977, as dúas irmás e o resto do grupo, foron "trasladadas" ao aeroporto militar que se atopa no extremo sur do Aeroparque da cidade de Buenos Aires, subidos sedados a un avión da Mariña e guindadas vivas ao mar fronte á costa de Santa Teresita, morrendo ao chocar contra a auga.

Nun exemplo de humor atroz os mariños vinculados á represión durante a guerra sucia na Arxentina adoitaban naqueles tempos facer referencia a "las monjas voladoras".[7]

En 1990 o capitán Alfredo Astiz foi condenado en ausencia a cadea perpetua pola Corte de Apelacións de París como culpábel da morte das irmás Léonie Duquet e Alice Domon.[8]

Identificación do seu corpo e enterro editar

O 20 de decembro de 1977 comezaron a aparecer cadáveres provenientes do mar nas praias da provincia de Buenos Aires á altura dos balnearios de Santa Teresita e Mar do Tuyú. Os médicos policiais que examinaron os corpos nesa oportunidade rexistraron que a causa da morte fora "el choque contra objetos duros desde gran altura", como indicaban o tipo de fracturas óseas constatadas, sucedidas antes da morte.[9] Sen realizar máis investigacións as autoridades locais dispuxeron de inmediato que os corpos fosen enterrados como NN no cemiterio da próxima cidade de General Lavalle.

En 1984 no marco da investigación da CONADEP e do Xuízo ás Xuntas realizáronse escavacións no cemiterio de General Lavalle, atopándose unha gran cantidade de restos oseos provenientes dos cadáveres achados nas praias de San Bernardo e Lucila del Mar. Estes restos foron utilizados no xuízo ás Xuntas e gardados logo en 16 bolsas.

A partir de entón o xuíz Horacio Cattani empezou a acumular causas sobre desaparecidos. A pesar das leis de Punto Final e Obediencia Debida, que paralizaron as investigacións, Cattani logrou armar en 1995 un arquivo de 40 metros cadrados onde aloxar todas esas probas.

En 2003 o intendente de General Lavalle informou que se localizaron novas tumbas de NN no cemiterio da cidade. O xuíz Cattani ordenou entón realizar novas escavacións co Equipo Arxentino de Antropoloxía Forense (EAAF), descubríndose dúas liñas de tumbas, unha por encima da outra. Descubríronse así 8 esqueletos, 5 correspondentes a mulleres, 2 correspondentes a homes e un, clasificado como GL-17, que se definiu como "probablemente masculino".

Cattani mandou os ósos ao laboratorio de Inmunoxenética e Diagnóstico Molecular (LIDMO) de Córdoba, pertencente ao EAAF. Entre outros materiais o xuíz enviou tamén unha mostra de sangue dun sobriño de Léonie Duquet. Os resultados do laboratorio foron determinando que os restos pertencían ao grupo de secuestrados entre os días 8 e 10 de decembro de 1977. O 29 de agosto de 2005 o xuíz Cattani recibiu o informe establecendo que os restos individualizados como GL-17 pertencían a Léonie Duquet.[7]

O día 25 de setembro de 2005, 27 anos logo de ser asasinada, Léonie Duquet foi enterrada no xardín da Igrexa Santa Cruz, en Buenos Aires, xunto ás dúas nais de Praza de Maio secuestradas con ela María Ponce de Bianco e Esther Ballestrino de Careaga e a activista de dereitos humanos Ángela Auad. As cinzas de Azucena Villaflor foron esparexidas na Praza de Maio.

No enterro leuse unha declaración do presidente de Francia, Jacques Chirac, que di:

Queridos amigos argentinos, mis queridos compatriotas: Hoy por fin podemos decir adiós a la Hermana Léonie. Cerca de treinta años han pasado desde aquel día de diciembre de 1977, un poco antes de Navidad, cuando su verdugo, el ex capitan Astiz, mediante un simple abrazo en el atrio de esta iglesia, la condenó irremediablemente a la muerte. Ese día de diciembre, la Hermana Léonie, con su compañera la hermana Alice, como muchos otros, despareció. Detrás de ese término, una realidad aterradora: el cautiverio, las sevicias, la tortura, los cuerpos arrojados al mar, que atraviesa la mentira sobre lo que sucedió y el pesado silencio de los cuerpos ausentes. ¿Qué crímenes cometió la Hermana Léonie para merecer tal suerte? ¿De qué violencia era culpable para aquellos que la torturaron y asesinaron? La Hermana Léonie estaba habitada por su fe y su hambre de justicia. Su rebeldía no era ideológica ni partisana, ella estaba impregnada de humanidad. Hija del Evangelio, ella llevaba socorro a las familias con niños desaparecidox. Con otras mujeres que valientemente protestaban en la plaza de Mayo, ella se levantó contra la barbarie. Hoy, en nombre de Francia, yo vengo a rendir un homenaje solemne a la Hermana Léonie y a presentar todas mis condolencias a los miembros de su familia aquí presentes. Francia se puede sentir orgullosa de contar entre los suyos a la Hermana Léonie que, por una causa justa, sacrificó su vida en Argentina, país que ella quería tanto como su tierra natal, y país que ella igualmente amó. La viva emoción que produjo el anuncio del descubrimiento de sus cuerpos testimonio, aquí como en Francia, el carácter emblemático de su martirio. Pero yo no puedo olvidar a todos aquellos que tienen familiares secuestrados y asesinados por la dictadura, y yo tengo que asociarlos a este homenaje solemne. Pienso, en particular, en las familias francesas de desaparecidos que aún buscan a los suyos, para que no pierdan la esperanza. Pienso en la Hermana Alicia, unida a la Hermana Léonie en el dolor y en nuestra memoria. Francia esta con sus familias. Fiel a sus compromisos, Francia anhela que toda la luz se haga sobre aquello que sucedió durante los años de plomo de la dictadura y que los culpables sean finalmente condenados. Gracias al trabajo de las organizaciones no gubernamentales –del equipo argentino de antropología forense, que cumplió una tarea difícil pero destacable, las madres y abuelas de plaza de Mayo-, gracias al coraje y la determinación de los familiares de desaparecidos, gracias a los esfuerzos de los poderes públicos, la verdad progresa. No se puede construir el provenir sobre el olvido. Solo se puede edificar sobre la memoria. Hoy, a la vez tristes y plenos de esperanza, nosotros recordamos a la Hermana Léonie, su ejemplo, su vida y su coraje: ella ilumina, a través de los años, nuestra memoria. Que ella guíe la conducta de las generaciones que vendrán y nosotros exhortemos a nunca más tolerar lo intolerable.[10]

Os seus familiares, presentes na cerimonia, manifestaron o seu acordo para que os restos de Léonie descansasen na Arxentina, "un país al que amaba tanto".[2]

Coñecemento e encubrimento por parte do Goberno dos Estados Unidos editar

Documentos segredos do goberno dos Estados Unidos desclasificados en 2002 proban que o goberno norteamericano sabía desde 1978 que os corpos sen vida das monxas francesas Alice Domon e Léonie Duquet e as nais de Praza de Maio Azucena Villaflor, Esther Ballestrino e María Ponce, foran atopadas nas praias bonaerenses. Esta información foi mantida en segredo e nunca foi comunicada ao goberno arxentino.

O dato está incluído en Documento Nº 1978-BOS-02346 dirixido polo entón Embaixador dos Estados Unidos na Arxentina, Raúl Castro, ao Secretario de Estado dos Estados Unidos, leva data do 30 de marzo de 1978 e menciona como obxecto "Informe sobre monjas muertas". Textualmente o documento di:

1. A.F.P. Marzo 28 Historia recopilada en Paris informa que los cuerpos de dos monjas francesas (Alicia Doman y Renee Duguet) que fueron secuestradas a mediados de diciembre con otros once activistas de derechos humanos fueron identificados entre los cuerpos cerca de Bahía Blanca. 2. Buenos Aires estaba llena de ciertos rumores desde hace un mes sobre constancias del descubrimiento de un número de cadáveres llevados a la playa por vientos inusualmente fuertes a lo largo del mar atlántico en puntos cercanos a la boca del Río de la Plata unas 300-350 millas al norte de Bahía Blanca (Ver Buenos Aires 1919 para control) 3. (Sección en borrada) que estuvo tratando de rastrear estos rumores tiene información confidencial de que las monjas fueron secuestradas por agentes de seguridad argentinos y en algún momento fueron transferidas a la localidad de Junín que se encuentra cerca de 150 millas al oeste de Buenos Aires. 4. La Embajada también tiene información confidencial obtenida a través de una fuente (protegida) del gobierno argentino de que siete cuerpos fueron descubiertos hace algunas semanas en la playa atlántica cerca de Mar del Plata. De acuerdo a esta fuente, los cuerpos eran los de las dos monjas y cinco madres que desaparecieron entre el 8 y el 10 de diciembre de 1977. Nuestra fuente confirma que estos individuos fueron secuestrados por miembros de las fuerzas de seguridad actuando bajo su amplio mandato contra terroristas y subversivos. La fuente además declaró que pocos individuos en el GOA estaban al tanto de esta información. 5. Esta fuente a informado verazmente en el pasado y tenemos razones para creer que tiene conocimiento sobre questiones de desapariciones. La Embajada solicita que su informe sea protegido para evitar comprometer una fuente que ha probado ser útil en proveer información concerniente a individuos perdidos o desaparecidos. CASTRO [11]

Memoria editar

Cada 8 de decembro, na Igrexa Santa Cruz, de San Cristóbal, recórdase o aniversario da desaparición do grupo de Nais de Praza de Maio, activistas de dereitos humanos e as dúas monxas francesas, Léonie Duquet e Alice Domon.

No ano 2000, por Lei N° 397, a Lexislatura da Cidade de Buenos Aires denominou "Hermana Alice Domon y Hermana Leonie Duquet" á plazoleta situada na intersección das rúas Moreto, Medina e Cajaravilla.

No ano 2005 a cidade de París puxolle o nome "Alice Domon et Léonie Duquet" a unha rúa do 13 arrondissement municipai.[12]

Notas editar

  1. Seoane, María (2001), El dictador, Buenos Aires: Sudamericana
  2. 2,0 2,1 Clarín.com (2005-09-25). "Inhumaron los restos de la monja francesa Léonie Duquet". Clarín (en castelán). Consultado o 2023-06-26. 
  3. "In memorian de Léonie Duquet, La Vaca, 27 de setembro de 2005". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2007. Consultado o 01 de decembro de 2007. 
  4. O grupo completo secuestrado estaba integrado por Azucena Villaflor de Vicenti, Esther Ballestrino de Careaga, María Ponce de Bianco (as tres fundadoras de Nais de Praza de Maio), as monxas Alice Domon e Léonie Duquet, e os activistas de dereitos humanos Angela Auad, Remo Berardo, Horacio Elbert, José Julio Fondevilla, Eduardo Gabriel Horane, Raquel Bulit e Patricia Oviedo.
  5. "Léonie Duquet, monja francesa, 28 años después, por Domingo Riorda, Argenpress, 31 de agosto de 2005". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2005. Consultado o 29 de novembro de 2005. 
  6. "Leonie Duquet, monja francesa, 28 años después, por Domingo Riorda, Argenpress, 31 de agosto de 2005". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2005. Consultado o 29 de novembro de 2005. 
  7. 7,0 7,1 Clarín.com (2005-08-30). "Tecnología, tenacidad y una muestra de sangre traída de Francia en secreto". Clarín (en castelán). Consultado o 2023-06-26. 
  8. Clarín.com (2006-04-03). "Francia entregó las pruebas con las que condenó a Astiz". Clarín (en castelán). Consultado o 2023-06-26. 
  9. "Por primera vez hallan cuerpos de los vuelos de la muerte, Río Negro, 9 de xullo de 2005". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2007. Consultado o 01 de decembro de 2007. 
  10. Texto completo en francés da declaración de Jacques Chirac na cerimonia de inhumación dos restos da irmá Léonie, 25 de setembro de 2005
  11. Documento Segredo da Embaixada de EEUU na Arxentina, Nº 1978-BUENOS-02346, 30 de marzo de 1978, Informe sobre monjas muertas, orixinal en inglés
  12. DIRECTION DE L’URBANISME[Ligazón morta]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar