John Flaxman
John Flaxman, nado o 6 de xullo de 1755 en York e finado o 7 de decembro de 1826, foi un escultor, ilustrador e debuxante inglés. Tivo un papel moi destacado no movemento neoclásico en Inglaterra.
John Flaxman | |
---|---|
![]() Autorretrato aos 24 anos (1779) | |
Nacemento | 6 de xullo de 1755 |
Lugar de nacemento | York |
Falecemento | 7 de decembro de 1826 |
Lugar de falecemento | Londres |
Soterrado | St Pancras Old Church, Camden |
Nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda, Reino de Gran Bretaña e Reino Unido |
Ocupación | pintor, poeta, escultor, ilustrador, artista gráfico, debuxante, deseñador e artista visual |
Pai | John Flaxman |
Irmáns | William Flaxman e Mary-Ann Flaxman |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Estudou na Royal Academy School de Londres. No período entre 1775 a 1787 realizou para o reputado ceramista Josiah Wedgwood delicados relevos decorativos, inspirados en vasos e vasillas gregas e romanas. Dende 1787 até 1794 Flaxman viviu en Roma, onde produciu en 1973 debuxos con gran finura nas súas liñas de temas épicos dos poemas homéricos A Ilíada e A Odisea.
Regresou a Londres en 1794, realizando notables ilustracións do antigo dramaturgo grego Esquilo e unha serie inspirada no Inferno do Dante. Tamén esculpiu numerosos monumentos, entre os que se destacan o de William Murray, Primeiro earl de Mansfield (1801; na Abadía de Westminster).
Véxase tamén Editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: John Flaxman |
Ligazóns externas Editar
- Información da National Portrait Gallery (en inglés)
- John Flaxman 1755?1826: Mestre das liñas puras (en inglés)
- World of Dante Galería de ilustracións de Flaxman da Divina Comedia no Mundo do Dante. (en inglés)