Joe Frazier

púxil

Joseph William "Smokin' Joe" Frazier, nado o 12 de xaneiro de 1944 en Beaufort (Carolina do Sur) e finado en Filadelfia (Pensilvania) o 7 de novembro de 2011, foi un ex-campión mundial de boxeo na categoría de peso pesado. Tamén conquistou unha medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Toquio de 1964.

Joe Frazier
Joe Frazier (cropped).jpg
Nacemento12 de xaneiro de 1944
Lugar de nacementoBeaufort
Falecemento7 de novembro de 2011
Lugar de falecementoFiladelfia
Causacancro e cancro de fígado
SoterradoIvy Hill Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAfroamericano
Ocupaciónactor, boxeador e actor de dobraxe
FillosJackie Frazier-Lyde e Marvis Frazier
Na rede
http://www.joefrazier.com/
IMDB: nm0004939 Allocine: 222803 Allmovie: p24895 TV.com: people/joe-frazier
Musicbrainz: dbf632a9-dff7-4749-aa72-817841e42bff Songkick: 2801531 Discogs: 692419 Olympic.org: joe-frazier WikiTree: Frazier-5011 Find a Grave: 80057055 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Frazier en 2010.

TraxectoriaEditar

En 1968 Frazier foi recoñecido como campión mundial pola Comisión de Boxeo de Nova York, entidade que pactou un combate entre Frazier e Buster Mathis para designar o substituto de Muhammad Ali, ao que se lle retirara o título por negarse a ingresar no exército e ir á guerra de Vietnam. Frazer gañou por KO, pero o título non tiña recoñecemento a nivel mundial, polo que Frazier tivo que derrotar a Jimmy Ellis en 1971 para converterse no campión da categoría, adxudicándose os cetros do Consello Mundial de Boxeo e a Asociación Mundial de Boxeo[1]. Perdeu o cetro ante George Foreman en Kingston (Xamaica) o 22 de xaneiro de 1973.

Frazier é coñecido principalmente polos tres combates que disputou contra Muhammad Ali. O primeiro deles tivo lugar en Nova York o 8 de marzo de 1971, denominado "A pelexa do século" e gañado por Frazier por decisión unánime. Volveron enfrontarse en dúas ocasións: outra volta en Nova York o 28 de xaneiro de 1974, con vitoria de Ali por decisión unánime, e en Manila (Filipinas) o 1 de outubro de 1975, evento publicitado como The Thrilla in Manila e considerado por parte da crítica como o mellor combate de boxeo da historia[2][3][4], que rematou con triunfo de Ali ao retirarse Frazier despois do décimo cuarto asalto. Os dous púxiles mantiveron un resentimento mutuo tanto dentro como fóra do cadrilátero durante moito tempo.[5].

En 1980 ingresou no Salón Internacional da Fama do Boxeo[6]. A pesar dos seus logros, Frazier perdeu case toda a súa fortuna. Terminou vivindo nun apartamento modesto en Filadelfia, e adestraba a boxeadores novos[5].

En outubro de 2011 fíxose público que tiña cancro de fígado, e morreu ao mes seguinte.

Combates profesionaisEditar

32 Vitorias (27 por KO, 5 por puntos), 4 Derrotas (3 por KO, 1 por puntos), 1 Empate [1]
Resultado Récord Rival Decisión Asaltos Data Localización Evento
Empate 32–4–1   Floyd Cummings MD 10 3 de decembro de 1981   International Amphitheatre, Chicago, Illinois, Estados Unidos
Derrota 32–4   George Foreman TKO 5 (12) 15 de xuño de 1976   Nassau Coliseum, Uniondale, Nova York, Estados Unidos
Derrota 32–3   Muhammad Ali RTD 14 (15) 1 de outubro de 1975   Araneta Coliseum, Quezon City, Metro Manila, Filipinas Título mundial en xogo.
Vitoria 32–2   Jimmy Ellis TKO 9 (12) 2 de marzo de 1975   St Kilda Junction Oval, Melbourne, Victoria, Australia
Vitoria 31–2   Jerry Quarry TKO 5 (10) 17 de xuño de 1974   Madison Square Garden, Nova York, Nova York, Estados Unidos
Derrota 30–2   Muhammad Ali UD 12 28 de xaneiro de 1974   Madison Square Garden, Nova York, Nova York, Estados Unidos
Vitoria 30–1   Joe Bugner PTS 12 2 de xullo de 1973   Earls Court Arena, Kensington, Londres, Inglaterra, Reino Unido
Derrota 29–1   George Foreman TKO 2 (15) 22 de xaneiro de 1973   National Stadium, Kingston, Xamaica Título mundial en xogo.
Vitoria 29–0   Ron Stander TKO 5 (15) 25 de maio de 1972   Civic Auditorium, Omaha, Nebrasca, Estados Unidos Título mundial en xogo.
Vitoria 28–0   Terry Daniels TKO 4 (15) 15 de xaneiro de 1972   Rivergate Auditorium, Nova Orleans, Louisiana, Estados Unidos Título mundial en xogo.
Vitoria 27–0   Muhammad Ali UD 15 8 de marzo de 1971   Madison Square Garden, Nova York, Nova York, Estados Unidos Título mundial en xogo.
Vitoria 26–0   Bob Foster KO 2 (15) 18 de novembro de 1970   Cobo Arena, Detroit, Míchigan, Estados Unidos Título mundial en xogo.
Vitoria 25–0   Jimmy Ellis TKO 5 (15) 16 de febreiro de 1970   Madison Square Garden, Nova York, Nova York, Estados Unidos Título mundial en xogo.
Vitoria 24–0   Jerry Quarry TKO 7 (15) 23 de xuño de 1969   Madison Square Garden, Nova York, Nova York, Estados Unidos
Vitoria 23–0   Dave Zyglewicz KO 1 (15) 22 de abril de 1969   Sam Houston Coliseum, Houston, Texas, Estados Unidos
Vitoria 22–0   Oscar Bonavena UD 15 10 de decembro de 1968   Spectrum Arena, Filadelfia, Pensilvania, Estados Unidos
Vitoria 21–0   Manuel Ramos TKO 2 (15) 24 de xuño de 1968   Madison Square Garden, Nova York, Nova York, Estados Unidos
Vitoria 20–0   Buster Mathis TKO 11 (15) 4 de marzo de 1968   Madison Square Garden, Nova York, Nova York, Estados Unidos
Vitoria 19–0   Marion Connor TKO 3 (10) 18 de decembro de 1967   Boston Garden, Boston, Massachusetts, Estados Unidos
Vitoria 18–0   Tony Doyle TKO 2 (10) 17 de outubro de 1967   Spectrum Arena, Filadelfia, Pensilvania, Estados Unidos
Vitoria 17–0   George Chuvalo TKO 4 (10) 19 de xullo de 1967   Madison Square Garden, Nova York, Nova York, Estados Unidos
Vitoria 16–0   George Johnson UD 10 4 de maio de 1967   Olympic Auditorium, Los Angeles, California, Estados Unidos
Vitoria 15–0   Jefferson Davis TKO 5 (10) 11 de abril de 1967   Auditorium, Miami Beach, Florida, Estados Unidos
Vitoria 14–0   Doug Jones KO 6 (10) 21 de febreiro de 1967   Philadelphia Arena, Filadelfia, Pensilvania, Estados Unidos
Vitoria 13–0   Eddie Machen TKO 10 (10) 21 de novembro de 1966   Olympic Auditorium, Los Angeles, California, Estados Unidos
Vitoria 12–0   Oscar Bonavena MD 10 21 de setembro de 1966   Madison Square Garden, Nova York, Nova York, Estados Unidos
Vitoria 11–0   Billy Daniels RTD 6 (10) 25 de xullo de 1966   Convention Hall, Filadelfia, Pensilvania, Estados Unidos
Vitoria 10–0   Memphis Al Jones KO 1 (10) 26 de maio de 1966   Olympic Auditorium, Los Angeles, California, Estados Unidos
Vitoria 9–0   Chuck Leslie KO 3 (10) 19 de maio de 1966   Olympic Auditorium, Los Angeles, California, Estados Unidos
Vitoria 8–0   Don Smith KO 3 (10) 28 de abril de 1966   Convention Hall, Pittsburgh, Pensilvania, Estados Unidos
Vitoria 7–0   Charley Polite TKO 2 (10) 4 de abril de 1966   Philadelphia Arena, Filadelfia, Pensilvania, Estados Unidos
Vitoria 6–0   Dick Wipperman TKO 5 (8) 4 de marzo de 1966   Madison Square Garden, Nova York, Nova York, Estados Unidos
Vitoria 5–0   Mel Turnbow KO 1 (8) 4 de marzo de 1966   Convention Hall, Filadelfia, Pensilvania, Estados Unidos
Vitoria 4–0   Abe Davis KO 1 (8) 4 de marzo de 1966   Hotel Philadelphia Auditorium, Filadelfia, Pensilvania, Estados Unidos
Vitoria 3–0   Ray Staples TKO 2 (6) 28 de setembro de 1965   Arena, Filadelfia, Pensilvania, Estados Unidos
Vitoria 2–0   Mike Bruce TKO 3 (6) 20 de setembro de 1965   Convention Hall, Filadelfia, Pensilvania, Estados Unidos
Vitoria 1–0   Woody Goss TKO 1 (6) 16 de agosto de 1965   Convention Hall, Filadelfia, Pensilvania, Estados Unidos

Lenda: TKO = KO técnico, UD = Decisión unánime dos xuíces por puntos, MD = Decisión dos médicos, SD = Decisión non unánime dos xuíces por puntos.

NotasEditar

  1. Box Rec: Joe Frazier Arquivado 12 de outubro de 2012 en Wayback Machine.
  2. "Muhammad Ali vs. Joe Frazier III, Oct. 1, 1975". Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2011. Consultado o 09 de novembro de 2011. 
  3. Box Rec: Muhammad Ali vs. Joe Frazier (3rd meeting)
  4. The 100 Greatest Title Fights of All-Time
  5. 5,0 5,1 ""The world has lost a great champion" RIP Joe Frazier 1944-2011". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2015. Consultado o 09 de novembro de 2011. 
  6. IBHOF: Joe Frazier

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar