Jodie Meeks
Orestes Jodie Meeks II, nado o 21 de agosto de 1987 en Nashville, Tennessee, é un xogador americano de baloncesto profesional.
Axente libre | |
Posición | Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 21 de agosto de 1987 (36 anos) Nashville, Tennessee |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,93 m (6 ft 4 in) |
Peso oficial | 95 kg (210 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Norcross (Georgia) |
Universidade | Kentucky (2006–2009) |
NBA Draft | 2009 / Rolda: 2 / Elección: 41 Por Milwaukee Bucks |
Carreira | dende 2009 |
Historial de equipos | |
Milwaukee Bucks (2009–2010) Philadelphia 76ers (2010–2012) Los Angeles Lakers (2012–2014) Detroit Pistons (2014–2016) Orlando Magic (2016–2017) Washington Wizards (2017–2018) Toronto Raptors (2019) Raptors 905 (2022) |
Traxectoria profesional editar
O 7 de abril de 2009, Meeks declarouse elixible para o Draft da NBA de 2009, e a súa intención de non contratar a un axente, deixando aberta a posibilidade de volver á universidade de Kentucky a seguinte tempada.[1] O 25 de xuño de 2009, Meeks foi elixido na 41ª posición do Draft polos Milwaukee Bucks.
O 18 de febreiro de 2010, Meeks foi traspasados aos Philadelphia 76ers xunto con Francisco Elson a cambio de Primoz Brezec e Royal Ivey.[2]
O 26 de novembro de 2010, Meeks anotou 21 puntos, a máxima anotación da súa carreira ata ese intre na derrota por 99-90 contra os Miami Heat. Xogou o seu primeiro partido coma titular o 3 de decembro de 2010, acadando 9 puntos, 1 rebote e un roubo de balón en 19 minutos de xogo. No seu segundo partido coma titular, mellorou a súa mellor marca de anotación, ao facer 26 puntos (20 deles no primeiro cuarto), con 9 de 16 tiros de campo, incluíndo 7 de 10 triplas.
O 13 de agosto de 2012, Meeks asinou un contrato de dous anos cos Los Angeles Lakers, cun valor de 3 millóns de dólares.[3] O 9 de marzo de 2014, anotou 42 puntos, a máxima anotación coma profesional, na vitoria dos Lakers por 114-110 contra os Oklahoma City Thunder.[4]
O 14 de xullo de 2014, Meeks asinou cos Detroit Pistons un contrato de 3 anos e 19.5 millóns de dólares.[5][6]
Notas editar
- ↑ Dawson, Brett (2009-04-07). "Jodie Meeks will declare for NBA draft". The Courier-Journal. Consultado o 2009-04-07.[Ligazón morta]
- ↑ "Sixers Complete Four Player Trade with Milwaukee". NBA.com. 2010-02-18. Consultado o 2010-02-18.
- ↑ "Big Lakers news! They signed Jodie Meeks! What did you guys think we were talking about?". ProBasketballTalk. 12 de agosto de 2012. Consultado o 13 de agosto de 2012.
- ↑ "Notebook: Lakers 114, Thunder 110". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2014. Consultado o 03 de novembro de 2014.
- ↑ "Detroit Pistons Sign Free Agent Guard Jodie Meeks". NBA.com. 14 de xullo de 2014. Consultado o 14 de xullo de 2014.
- ↑ Harper, Zach (1 de xullo de 2014). "Report: Pistons, Jodie Meeks agree to three-year, $19M contract". CBSSports.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2014. Consultado o 14 de xullo de 2014.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 04 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
- Perfil en ESPN.com (en inglés)