Joaquín Sarmiento Garra

avogado e político galego

Joaquín Sarmiento Garra, nado en Ourense en 1912 e finado en 2002, foi un avogado e político galego.

Infotaula de personaJoaquín Sarmiento Garra
Biografía
Nacemento1912 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte2002 Editar o valor em Wikidata (89/90 anos)
Alcalde de Santiago de Compostela
Alcalde de Ponteareas
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Joaquín Sarmiento Rivera e Angelina E. Garra Castellanzuelo, sobriño de Amado Garra Castellanzuelo. Colaborou en Heraldo de Zamora.[1][2] Falanxista dende 1934, foi fundador de Falange Española en Ponteareas. Foi xefe das Milicias de Falange en Ourense antes do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Voluntario falanxista na guerra civil alcanzou o grao de tenente. Foi Xefe provincial de Prensa e Propaganda de FET y de las JONS en Ourense.[3] En 1945 foi nomeado inspector provincial de FET y de las JONS para a Zona de Santiago de Compostela.[4] Foi nomeado alcalde de Santiago de Compostela o 3 de xuño de 1946, permanecendo no posto ata 1949. En xullo de 1954 sufriu un accidente de motocicleta ao chocar contra un automóbil (no que viaxaba o xornalista José Rey-Alvite Feás), resultando con feridas de consideración.[5] Foi nomeado alcalde de Ponteareas en outubro de 1960,[6][7] permanecendo no cargo ata 1965. Colaborou en El Correo Gallego e El Pueblo Gallego. Finou en 2002.[8]


Predecesor:
Jorge de la Riva Barba
  
Alcalde de Santiago
 
1946 - 1949
Sucesor:
Enrique Otero Aenlle
Predecesor:
Daniel Ojea Sarmiento
  
Alcalde de Ponteareas
 
1960 - 1965
Sucesor:
Juan Antonio Candeira Blanco

Vida persoal editar

Casou en Santiago de Compostela con María del Carmen Sieiro Nieto en 1940,[9] e foi pai de Joaquín e María del Pilar Sarmiento Sieiro.

Notas editar

  1. Heraldo de Zamora, 12-12-1929, p. 2.
  2. Heraldo de Zamora, 1-7-1930, p. 2.
  3. Biografía en La Noche, 3-6-1946, p. 1
  4. La Voz de Galicia, 2-3-1945.
  5. ABC, 10-7-1954, p. 37.
  6. La Noche, 25-10-1960, p. 1.
  7. El Pueblo Gallego, 25-10-1960, p. 7.
  8. Atlántico Diario, 3-5-2002, p. 10.
  9. El Compostelano, 2-4-1940, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar