José Rey-Alvite Feás

xornalista galego

José Rey-Alvite Feás, tamén coñecido como Pepe Alvite e José Rey Feás, e alcumado Yersaef e Xan da Ulla, nado en Santiago de Compostela o 29 de abril de 1919 e finado na mesma cidade o 14 de xuño de 1991, foi un xornalista galego.

José Rey-Alvite Feás
Nacemento29 de abril de 1919
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento14 de xuño de 1991
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
PaiJesús Rey Alvite
FillosXosé Luís Alvite
IrmánsJesús Rey-Alvite Feás
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo do xornalista Jesús Rey Alvite e de Concepción Feás Mourelle, e irmán do tamén xornalista Jesús Alvite. Colaborou en diversos medios de comunicación. Dentro dos medios escritos, en El Pueblo Gallego, La Noche, La Voz de Galicia e El Correo Gallego. Nos medios radiofónicos, colaborou na compostelá Radio Galicia, co alcume de Xan da Ulla.[1] Foi empregado da delegación territorial de Televisión Española en Galicia.

Finou en Santoago de Compostela o 14 de xuño de 1991.[2]

Vida persoal editar

Casou con Leonor Martínez Vázquez, coa que tivo tres fillos: Jesús (nado en maio de 1948[3] e finado o 12 de outubro de 1984),[4] José Luis e Manuel Ángel.

Recoñecementos editar

Unha rúa compostelá leva o nome Irmáns Rey Alvite en lembranza súa e do seu irmán Jesús.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 15-10-1949, p.2.
  2. ABC, 15-6-1991, p. 49.
  3. La Noche, 3-5-1948, p. 2.
  4. El Correo Gallego, 13-9-2009.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar