Xosé Luís Alvite

xornalista español

José Luis Rey-Alvite Martínez, coñecido como José Luis ou Xosé Luís Alvite,[1] nado en Santiago de Compostela en 1949 e finado o 15 de xaneiro de 2015[2] foi un xornalista e escritor galego.

Xosé Luís Alvite
Nacemento1949
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento15 de xaneiro de 2015
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
Causacancro de pulmón
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
PaiJosé Rey-Alvite Feás
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Naceu nunha familia con importantes vínculos co xornalismo, ao seren seu pai, José Rey-Alvite Feás, seu avó Jesús Rey Alvite e seu tío Jesús Rey-Alvite Feás xornalistas. De profesión empregado de banca, escribiu como columnista e xornalista de opinión en distintos medios, de ámbito galego e español, como Diario 16, La Razón, Faro de Vigo, La Opinión de A Coruña ou La Nueva España.

Tamén colaborou no programa de radio Herrera en la Onda de Onda Cero, dirixido e presentado por Carlos Herrera, con quen xa traballara antes tamén en Radio Nacional de España.

Vida persoal Editar

Casou dúas veces. Padeceu un dobre cancro de pulmón e de colon, dos que faleceu.

Obra Editar

A súa obra consiste en recompilacións dos seus artigos.

Galardóns Editar

  • Premio Diego Bernal de xornalismo[3]

Notas Editar

  1. "Morreu o xornalista Xosé Luís Alvite" Arquivado 04 de xuño de 2015 en Wayback Machine. CRTVG.
  2. "Muere José Luis Alvite". Faro de Vigo. 16 de xaneiro de 2015. Consultado o 16 de xaneiro de 2015. 
  3. El Mundo (23 de xaneiro de 2014). "José Luis Alvite recibirá el Premio Diego Bernal". Consultado o 23 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar