Abrir o menú principal

Joaquín Mosquera

político colombiano

Joaquín Mariano de Mosquera-Figueroa y Arboleda-Salazar, máis coñecido como Joaquín Mosquera, nado en Popayán o 14 de decembro de 1787 e finado na mesma vila o 4 de abril de 1878, foi un xurista, militar, estadista e político colombiano, que ocupou a Presidencia da República entre xuño e setembro de 1830. Tamén exerceu como Vicepresidente de Nova Granada.

Joaquín Mosquera
JoaquínMosquera2.jpg
Nacemento14 de decembro de 1787
 Popayán
Falecemento4 de abril de 1878
 Popayán
NacionalidadeColombia
Alma máterUniversidade do Rosario
Ocupaciónpolítico e diplomático
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi o primoxénito do matrimonio de José María Mosquera y Figueroa e María Manuela Arboleda Arrachea. Pertencente a dúas das familias máis influentes e poderosas da súa rexión, outro tres dos seus irmáns destacáronse na vida pública de Colombia: Tomás Cipriano, Manuel María e Manuel José.

Á curta idade de 5 anos, xa sabía ler e ingresara na escola pública. Logo pasou ó Seminario da cidade e de alí á Universidade do Cauca, onde se graduou como avogado en 1805.

Carreira políticaEditar

En 1810 vinculouse á carreira das armas e participou en varias campañas, chegando a ser capitán. Gran Xurista, salientou como un gran dirixente civil na súa cidade durante as loitas de independencia, chegando a ocupar durante a época da Gran Colombia un escano no Congreso e responsabilidades ministeriais.

Presidencia da RepúblicaEditar

Cando en 1830 Simón Bolívar renunciou á Presidencia, Mosquera foi elixido como o seu sucesor polo Congreso da República o 4 de maio, aínda que non puido asumir de inmediato e foi substituído polo seu vicepresidente Domingo Caycedo. Meses despois asumiu o mando, pero foi derrocado polo xeneral bolivariano Rafael Urdaneta ese mesmo ano.

Carreira posterior á PresidenciaEditar

Entre 1833 e 1835 foi vicepresidente de Nova Granada; despois foi reitor da Universidade do Cauca e, en varias ocasións, profesor deste cadro de persoal.

Ó longo da súa carreira rexeitou o ofrecemento de varios cargos públicos como, por exemplo, a dirección do Crédito Público en Popayán en 1825. Mosquera pertenceu a diversas corporacións científicas e literarias e foi entusiasta da instrución popular. Distinguiuse como orador. Contraeu matrimonio coa súa curmá irmá María Josefa Mosquera Hurtado, con quen tivo cinco fillos: José María, Pedro, Rosa, Mariana e Eusebia. Dende 1858, perdeu a vista e morreu en Popayán en 1878, ós 92 anos de idade.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Arboleda, Gustavo (1962). Diccionario biográfico y genealógico del antiguo Departamento del Cauca. Bogotá: Editorial Guadalupe.
  • Castrillón Arboleda, Diego (1979). El general Tomás Cipriano de Mosquera. Bogotá: Banco de la República.

Outros artigosEditar