Joan Bennett

actriz estadounidense

Joan Geraldine Bennett, nada en Fort Lee, Nova Jersey, o 27 de febreiro de 1910 e finada en Scarsdale, Nova York, o 7 de decembro de 1990, foi unha actriz estadounidense.

Infotaula de personaJoan Bennett

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Joan Geraldine Bennett Editar o valor em Wikidata
27 de febreiro de 1910 Editar o valor em Wikidata
Palisades Park, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte7 de decembro de 1990 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Scarsdale, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaPleasant View Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónChase Collegiate School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz de teatro , actriz de cinema , locutora de radio , actriz de televisión , actriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1916 Editar o valor em Wikidata - 1982 Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDavid Wilde (en) Traducir (1978–)
Walter Wanger (pt) Traducir (1940–1965)
Gene Markey (en) Traducir (1932–1937)
John Marion Fox (en) Traducir (1926–1928) Editar o valor em Wikidata
FillosDiana Wanger (en) Traducir
 () John Marion Fox (en) Traducir
Stephanie Wanger (en) Traducir
 () Walter Wanger (pt) Traducir
Melinda Markey (en) Traducir
 () Gene Markey (en) Traducir
Shelley Antonia Wanger (en) Traducir
 () Walter Wanger (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisRichard Bennett (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Adrienne Morrison (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsBarbara Bennett (pt) Traducir e Constance Bennett Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0000910 Allocine: 3265 Rottentomatoes: celebrity/joan_bennett Allmovie: p5398 TCM: 13863 IBDB: 31713
WikiTree: Bennett-9022 Find a Grave: 20184 Editar o valor em Wikidata
Joan Bennett

Biografía editar

Naceu en Palisades Park, Nova Jersey nunha familia de actores, seu pai era o actor Richard Bennett e súa nai a actriz Adrienne Morrison. As súas irmáns máis vellas, Constance Bennett e Barbara Bennett tamén foron actrices. O actor Lewis Morrison era avó por parte de nai.

Joan apareceu ós seis anos nun filme mudo, cos seus pais e irmás, The Valley of Decision (1916). Estudou en Miss Hopkins School for Girls en Manhattan, despois en St. Margaret's, un internado en Waterbury, Connecticut e finalmente en L'Hermitage, un colexio para señoritas, en Versalles, Francia.

Casou en 1926 con John M. Fox en Londres, do que se divorciou dous anos despois logo de ter unha filla, mantivo unha longa batalla legal co seu exmarido para darlle o seu apelido á súa filla.

Carreira editar

 
No filme Disraeli (1929)

O debut de Joan no teatro foi en 1928 actuando co seu pai en Jarnegan que se mantivo en Broadway durante 136 representacións e que recibiu boas críticas. De 1929 datan os seus primeiros filmes, Bulldog Drummond e Disraeli. En 1930 apareceu no musical Puttin' on the Ritz e na primeira versión sonora de Moby Dick.

Con contrato con Fox Film Corporation, apareceu en numerosos filmes, She Wanted a Millionaire (1932), Me and My Gal (1932).

 
En Little Women (1933)

O 16 de marzo de 1932 casou co guionista e produtor Gene Markey, divorciándose en 1937. Eles tiveron unha filla, Melinda Markey en 1934.

Bennett deixou Fox para interpretar Amy en Little Women (1933), dirixida por George Cukor para RKO. Este filme fixo que o produtor independente Walter Wanger se fixara nela e asinara un contrato con el, interpretou a Sally MacGregor en Private Worlds (1935) con Claudette Colbert, Charles Boyer e Joel McCrea. Trade Winds (1938) con Fredric March.

 
En The Woman in the Window (1944)

Comeza unha nova etapa na súa carreira, interpretando a mulleres fatales, a príncesa María Tareixa en The Man in the Iron Mask (1939) con Louis Hayward e a duquesa Zona de Lichtenburg en The Son of Monte Cristo (1940).

O 12 de xaneiro de 1940 casou co produtor Walter Wanger, con quen estivo casada ata o seu divorcio en 1965, tiveron dúas fillas xuntos, Stephanie e Shelley.

 
En Perversidade (1945)

En 1940 protagonizou The House Across the Bay con George Raft e o drama antinazi The Man I Married con Francis Lederer.

Os seus traballos máis recordados foron os seus papeis de muller fatal nos filmes do xénero negro dirixidos por Fritz Lang, interpretando a Jerry Stokes, unha prostituta en Man Hunt (1941), Alice Reed, unha misteriosa modelo en The Woman in the Window (1944) e Katharine "Kitty" March en Perversidade (1945). Eses papeis convertérona nunha estrela de Hollywood.

Bennett tamén tivo éxito protagonizando o filme de Zoltan Korda, The Macomber Affair (1947) con Gregory Peck, como Peggy na fita de Jean Renoir Unha muller na praia (1947) con Robert Ryan e Charles Bickford, e como a atormentada Lucia Harper en The Reckless Moment (1949) de Max Ophuls.

Nas dúas comedias nas que a dirixiu Vincente Minnelli interpretou a Ellie Banks, unha muller elegante e dona de Spencer Tracy, foron Father of the Bride (1950) e O pai é avó (1951).

Bennett tamén participou en numerosos programas de radio ó longo da súa carreira, como The Edgar Bergen and Charlie McCarthy Show, a comedia radiofónica Duffy's Tavern e Lux Radio Theater.

 
En O pai é avó (1951)

A partir de 1951 comezou a aparecer como estrela convidada en diversos programas de televisión como Your Show of Shows de Sid Caesar e Burke's Law

En 1951 o seu home disparou contra o seu axente Jennings Langs pensando que tiñan un romance, e aínda que Bennett sempre o negou o suceso afectoulle á súa carreira e apareceu só en cinco filmes no resto da década, dedicándose sobre todo ó teatro, facendo xiras con Bell, Book and Candle, Susan and God, Once More With Feeling, The Pleasure of His Company e Never Too Late. En Broadway tivo menos éxito, Love Me Little (1958) estivo en cartel durante só oito representacións.

Bennett interpretou a Elizabeth Collins Stoddard, a matriarca da familia Collins, na serie de televisión Dark Shadows (1966-1971) e na súa adaptación ó cinema, House of Dark Shadows. En 1977 apareceu no filme do director italiano Dario Argento Suspiria.

Véxase tamén editar