George Cukor

director de cine estadounidense

George Dewey Cukor, nado en Nova York o 7 de xullo de 1899 e finado nos Ánxeles o 24 de xaneiro de 1983 foi un director de cine estadounidense.

George Cukor
Nome completoGeorge Dewey Cukor
Nacemento7 de xullo de 1899
Lugar de nacementoNova York
Falecemento24 de xaneiro de 1983
Lugar de falecementoOs Ánxeles
CausaInsuficiencia cardíaca
SoterradoForest Lawn Memorial Park (Glendale)
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterDeWitt Clinton High School
Ocupacióndirector de cinema, produtor de cinema, director teatral e realizador
PremiosPremios Emmy do Primetime, premios do Sindicato de Directores, Óscar ó mellor director, Golden Plate Award, Primetime Emmy Award for Outstanding Directing for a Limited Series, Movie, or Dramatic Special e star on Hollywood Walk of Fame
Na rede
IMDB: nm0002030 Allocine: 23 Rottentomatoes: celebrity/george_cukor Allmovie: p86340 TCM: 41936 IBDB: 14534
Discogs: 1053097 WikiTree: Cukor-4 Find a Grave: 3718 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

De neno participou en obras de teatro e recitais, chegando a tomar leccións de danza. Tras graduarse no instituto comezou a estudar dereito, pero deixouno aos poucos meses e atopou traballo como axudante na xira dunha produción teatral.

Cando xa era un recoñecido director teatral foi chamado por Hollywood e en 1928 firmou un contrato con Paramount Pictures.

En 1936 foi contratado por David O. Selznick para dirixir Foise co vento, pasando dous anos no proxecto mentres traballaba de axudante noutras películas, aínda que finalmente non sería o director do filme.

Ao longo da súa carreira, Cukor dirixiu películas de distinto éxito, moitas delas consideradas clásicas, como My Fair Lady, coa que gañaría finalmente o oscar ó mellor director. Dirixiu a súa última película, Rich and Famous con oitenta e dous anos.

Obra editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Hillstrom, Laurie Collier, International Dictionary of Films and Filmmakers. Detroit: St. James Press, 1997. ISBN 1-55862-302-7.
  • Katz, Ephraim, The Film Encyclopedia. Nova York: HarperCollins, 2001. ISBN 0-06-273755-4.
  • Myrick, Susan, White Columns in Hollywood: Reports from the GWTW Sets. Macon, Georgia: Mercer University Press, 1982 ISBN 0-86554-044-6.
  • Wakeman, John, World Film Directors. Nova York: H. W. Wilson Company 1987. ISBN 0-8242-0757-2.

Ligazóns externas editar