Nacida onte
Nacida onte (en inglés: Born Yesterday) é unha comedia romántica estadounidense de 1950, dirixida por George Cukor. Está protagonizado por Judy Holliday, William Holden, Broderick Crawford e Howard St. John nos papeis principais. O guión baséase nunha obra teatral de Garson Kanin.
Nacida onte | |
---|---|
![]() Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Born Yesterday |
Director | George Cukor |
Produtor | S. Sylvan Simon |
Guión | Albert Mannheimer Garson Kanin (sen acreditar) |
Baseado en | Born Yesterday, obra de Garson Kanin (1946) |
Intérpretes | Judy Holliday Broderick Crawford William Holden |
Música | Frederick Hollander |
Fotografía | Joseph Walker |
Montaxe | Charles Nelson |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 26 de decembro de 1950 |
Duración | 103 minutos |
Orixe | ![]() |
Recadación | 4,15 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
En 2012 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionada para a súa preservación no National Film Registry.
Argumento
editarHarry Brock (Broderick Crawford), un rudo millonario, viaxa a Washington, D.C. xunto coa súa amante Emma Billie Dawn (Judy Holliday) e o seu corrupto avogado Jim Devery (Howard St. John). O obxecto da viaxe é influír sobre un par de políticos. O avogado tamén está interesado en que o seu empregador e a súa parella casen para desta maneira impedir que ela poida testemuñar en contra do seu home.
Harry non está conforme coas maneiras e a falta educación de Billie, a pesar de que el mesmo o fai peor, e decide contratar o xornalista Paul Verrall (William Holden) para que se encargue de educala. Billie aprende rapidamente as novas ensinanzas e comeza a mostrar a súa intelixencia. O xornalista fascínase con ela e ambos comezan a namorarse.
Sen decatarse do que está a pasar, o avogado convence a Harry para traspasar os seus fondos a Billie, co fin de eludir unha fiscalización gobernamental. Chegado o momento, Harry require os seus cartos de volta, mais ten que enfrontarse a unha independizada Billie e ambos entran en conflito.
Elenco
editar- Judy Holliday como Emma Dawn ('Billie')
- Broderick Crawford como Harry Brock
- William Holden como Paul Verrall
- Howard St. John como Jim Devery
- Frank Otto como Eddie
- Larry Oliver como o congresista Norval Hedges
- Barbara Brown como Sra. Hedges
- Grandon Rhodes como Sanborn
- Claire Carleton como Helen
Premios
editarO filme foi candidato a cinco premios Oscar na 23.ª edición dos premios, e Judy Holliday gañou na categoría de mellor actriz. As outras candidaturas foron as de mellor filme, director, guión adaptado e vestiario en branco e negro.
Holliday tamén gañou o Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical e foi candidata como actriz dramática. O filme foi candidato ao mellor filme e director. Ademais, o filme participou no Festival Internacional de Cine de Venecia.
Remake
editarA obra de Garson Kanin tamén serviu de base para o filme de 1993 Born Yesterday, dirixido por Luis Mandoki e protagonizado por Melanie Griffith, Don Johnson e John Goodman.