Max Ophüls

director de cinema alemán
(Redirección desde «Max Ophuls»)

Maximillian Oppenheimer, nado en Saarbrücken o 6 de maio de 1902 e finado en Hamburgo o 25 de marzo de 1957 foi un director de cinema alemán coñecido coma Max Ophüls que desenvolveu a súa carreira tamén en Francia e nos Estados Unidos de América.

Infotaula de personaMax Ophüls

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Max Oppenheimer Editar o valor em Wikidata
6 de maio de 1902 Editar o valor em Wikidata
Saarbrücken, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte26 de marzo de 1957 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Hamburgo, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Causa da morteInsuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCrématorium-columbarium du Père-Lachaise (en) Traducir, 87
Grave of Ophüls (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia
Alemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , director teatral , actor de teatro , guionista , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1931 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua alemá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeHilde Wall (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosMarcel Ophüls Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0649097 Allocine: 5028 Rottentomatoes: celebrity/max_ophuls Allmovie: p105103 TCM: 110203
Discogs: 903906 Find a Grave: 7707483 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Era fillo do comerciante téxtil xudeu Leopold Oppenheimer e a súa dona Helen, mais adoptou o seu pseudónimo Ophüls durante o inicio da súa carreira teatral para que se fracasar non avergoñase ao seu pai. Comezou coma actor en 1919 para logo pasar á dirección e á produción. En 1926 converteuse no director teatral do Burgtheater de Viena.

En 1929 comezou a producir filmes, sendo director de diálogos de Anatole Litvak na UFA en Berlín e debutou como director dous anos despois.

Presentindo o ascenso do nazismo marchou a Francia en 1933, nacionalizándose francés en 1938. Trala caída de Francia viaxou a Suíza, Italia e finalmente aos Estados Unidos en 1941. Tras algúns anos sen traballo recibiu a axuda de Preston Sturges e continuou a súa carreira como director. O seu filme máis aclamado desta etapa é Carta dunha descoñecida (1948), baseado nunha novela de Stefan Zweig. En 1950 volveu a Francia.

Filmografía editar

Ano Filme País Notas
1931 Dann schon lieber Lebertran Alemaña
1931 Die verliebte Firma Alemaña Curtametraxe
1932 Die verkaufte Braut Alemaña
1933 Liebelei Alemaña
1933 Une Histoire d'amour Francia
1933 Lachende Erben Alemaña
1933 On a volé un homme Francia
1934 La Signora Di Tutti Italia
1935 Divine Francia
1936 Komedie om geld Países Baixos
1936 Ave Maria Francia Curtametraxe documental
1936 La Tendre Ennemie Francia
1936 Valse brillante de Chopin Francia Curtametraxe documental
1937 Yoshiwara Francia
1938 The Novel of Werther Francia
1939 Sans lendemain Francia
1940 L'École des femmes Francia
1940 De Mayerling à Sarajevo Francia
1946 Vendetta Estados Unidos Foi despedido durante a rodaxe
1947 The Exile Estados Unidos
1948 Carta dunha descoñecida Estados Unidos
1949 Atrapados Estados Unidos
1949 The Reckless Moment Estados Unidos
1950 La Ronde Francia
1952 Le Plaisir Francia
1953 Madame de... Francia
1955 Lola Montès Francia Filme en cor
1958 Les Amants de Montparnasse Francia Faleceu durante a rodaxe

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar