Jesús Pazos Mesías

guerrilleiro antifranquista galego

Jesús Domingo Pazos Mesías, Moreno, nado na Baña cara a 1911 e finado en Vimianzo o 8 de novembro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Jesús Pazos Mesías
Nacemento1911
Lugar de nacementoA Baña
Falecemento8 de novembro de 1946
Lugar de falecementoVimianzo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Panadeiro de Lañas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por auxilio á rebelión o 30 de marzo de 1937 xunto con outros 31 veciños do partido xudicial de Negreira,[1] foi condenado a 15 anos de prisión. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en febreiro de 1940.[2] Tras saír de prisión uniuse ao destacamento Botana da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia ao mando de Manuel Ponte Pedreira. Resultou morto no Bar Soneira[3] de Vimianzo nun enfrontamento coa Garda Civil o 8 de novembro de 1946 cando con Manuel Ponte, Avelino Rivas Pombo, Enrique Ferreirós Candamo, José Santiago Temprano, José Remuiñán Barreiro, José da Silva Bartolomé, Manuel Pena Camino e Emilio Pérez Vilariño, pretendían asaltar o cuartel da Garda Civil para facerse co arsenal de armas e a sucursal do Banco Pastor. Non puideron conseguilo ao estar pechado, e cando Jesús Pazos entrou no bar onde estaba o garda civil Manuel Rodríguez Paz coa intención de collelo como refén para que lles abrira o cuartel, este disparoulle varias veces coa súa pistola. O garda civil Manuel Reodríguez tamén resultou ferido, morrendo ao día seguinte. Manuel Ponte e Emilio Pérez foron cara a casa-cuartel e guindaron dúas bombas de man no interior, producindo estragos materiais. Os gardas civís do interior responderon con disparos, fuxindo o grupo polo monte.[4]

Notas editar

  1. El Compostelano, 30-3-1937, p. 2.
  2. BOE, 13-2-1940, p. 743
  3. Outras fontes afirman que o nome do bar era Casa Desiderio ou Casa Mira.
  4. Vimianzo vivió un tiroteo entre los maquis y la Guardia Civil

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. pp. 76–78. ISBN 978-84-8341-166-7. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Do Castro, ed. Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas editar