Jesús Barros
Jesús Barros Martínez, nado na Gudiña en 1940 e finado na mesma vila o 4 de outubro de 2015, foi un político galego de centro-dereita, alcalde da Gudiña e deputado[1].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1940 A Gudiña, España |
Morte | 4 de outubro de 2015 (74/75 anos) A Gudiña, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
5 de xuño de 1996 – 18 de xaneiro de 2000 ← Jesús de Juana López Lexislatura: VI lexislatura de España Circunscrición electoral: Ourense Electo en: Eleccións Xerais 1996 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
19 de setembro de 1995 – 9 de xaneiro de 1996 ← Manuel Cabezas Lexislatura: V lexislatura de España Circunscrición electoral: Ourense Electo en: Eleccións Xerais 1993 en España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , empresario |
Partido político | Unión de Centro Democrático |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria
editarFillo dos donos dunha tenda de ultramarinos na Gudiña, estudou no Colexio Cardenal Cisneros de Ourense[2]. Profesionalmente foi empresario e empregado de banca, onde chegou a dirixir unha oficina do Banco Central Hispano.
Durante o franquismo foi designado alcalde da Gudiña en 1973. Nas primeiras eleccións democráticas de 1979 encabezou a candidatura de UCD á alcaldía da Gudiña e foi elixido alcalde por maioría absoluta. En 1983 volveuse presentar, neste caso encabezando a candidatura de Coalición Galega, e de novo resultou elixido alcalde, se ben desta volta con maioría simple. Durante esa lexislatura simultaneou o cargo co de deputado provincial.
Nas eleccións de 1987 foi relevado por Guillermo Lago, se ben continuou como concelleiro e como tenente de alcalde. Despois de abandonar a corporación municipal afiliouse ao PPdeG, formación política á que continuou vencellado ata o remate da súa vida. Nas elección xerais de 1993 figurou na candidatura do PP ao Congreso dos Deputados, como número 3, e se ben non resultou elixido inicialmente, accedeu á Cámara Baixa en 1995 en substitución de Manuel Cabezas. Nas seguintes eleccións, en 1996 sucedeulle algo parecido: figurou de número 3, non foi elixido, pero acabou substituíndo, xa dende xuño de 1996 a Jesús de Juana. Durante o seu paso polo Congreso foi un dos poñentes do cambio de denominación oficial das provincias de Ourense e da Coruña[3][4]
Vinculado durante moitos anos á Cruz Vermella como voluntario, logo da súa retirada da política foi vicepresidente da entidade na provincia de Ourense.
Galardóns
editarRecibiu a Medalla de Galicia (categoría de bronce) en 2002.
Vida persoal
editarCasou e tivo tres fillos.
Notas
editar- ↑ "Fallece Jesús Barros, exalcalde de A Gudiña y exdiputado". La Región. 5 de outubro de 2015.
- ↑ Álvarez Fernández, Guillermo (2019). El Colegio Cardenal Cisneros de Ourense (Entre los años 1954 y 1959). Autoedición. p. 144-145.
- ↑ "Fallece el exalcalde de A Gudiña y exsenador del Partido Popular, Jesús Barros". Faro de Vigo. 5 de outubro de 2015.
- ↑ "Ficha na web do Congreso dos Diputados".
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarPredecesor: ' |
Alcalde da Gudiña 1973 - 1987 |
Sucesor: Guillermo Lago |