Jesús Barros
Jesús Barros Martínez, nado na Gudiña en 1940 e finado na mesma vila o 4 de outubro de 2015, foi un político galego de centro-dereita, alcalde da Gudiña e deputado[1].
Jesús Barros | |
---|---|
Nacemento | 1940 |
Lugar de nacemento | A Gudiña |
Falecemento | 4 de outubro de 2015 |
Lugar de falecemento | A Gudiña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e empresario |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo dos donos dunha tenda de ultramarinos na Gudiña, estudou no Colexio Cardenal Cisneros de Ourense[2]. Profesionalmente foi empresario e empregado de banca, onde chegou a dirixir unha oficina do Banco Central Hispano.
Durante o franquismo foi designado alcalde da Gudiña en 1973. Nas primeiras eleccións democráticas de 1979 encabezou a candidatura de UCD á alcaldía da Gudiña e foi elixido alcalde por maioría absoluta. En 1983 volveuse presentar, neste caso encabezando a candidatura de Coalición Galega, e de novo resultou elixido alcalde, se ben desta volta con maioría simple. Durante esa lexislatura simultaneou o cargo co de deputado provincial.
Nas eleccións de 1987 foi relevado por Guillermo Lago, se ben continuou como concelleiro e como tenente de alcalde. Despois de abandonar a corporación municipal afiliouse ao PPdeG, formación política á que continuou vencellado ata o remate da súa vida. Nas elección xerais de 1993 figurou na candidatura do PP ao Congreso dos Deputados, como número 3, e se ben non resultou elixido inicialmente, accedeu á Cámara Baixa en 1995 en substitución de Manuel Cabezas. Nas seguintes eleccións, en 1996 sucedeulle algo parecido: figurou de número 3, non foi elixido, pero acabou substituíndo, xa dende maio de 1996 a Jesús de Juana. Durante o seu paso polo Congreso foi un dos poñentes do cambio de denominación oficial das provincias de Ourense e da Coruña[3][4]
Vinculado durante moitos anos á Cruz Vermella como voluntario, logo da súa retirada da política foi vicepresidente da entidade na Ourense.
GalardónsEditar
Recibiu a Medalla de Galicia (categoría de bronce) en 2002.
Vida persoalEditar
Casou e tivo tres fillos.
NotasEditar
- ↑ "Fallece Jesús Barros, exalcalde de A Gudiña y exdiputado". La Región. 5 de outubro de 2015.
- ↑ Álvarez Fernández, Guillermo (2019). El Colegio Cardenal Cisneros de Ourense (Entre los años 1954 y 1959). Autoedición. p. 144-145.
- ↑ "Fallece el exalcalde de A Gudiña y exsenador del Partido Popular, Jesús Barros". Faro de Vigo. 5 de outubro de 2015.
- ↑ "Ficha na web do Congreso dos Diputados".
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
Predecesor: ' |
Alcalde da Gudiña 1973 - 1987 |
Sucesor: Guillermo Lago |