Abrir o menú principal

Jean-Baptiste Biot

(Redirixido desde "Jean Baptiste Biot")

Jean-Baptiste Biot, nado o 21 de abril de 1774 en París e finado o 3 de febreiro de 1862 na mesma cidade, foi un físico, astrónomo e matemático francés.

Jean-Baptiste Biot
Jean baptiste biot.jpg
Nacemento21 de abril de 1774
 París
Falecemento3 de febreiro de 1862
 París
NacionalidadeFrancia
Alma máterEscola Politécnica e École Nationale des Ponts et Chaussées
Ocupaciónmatemático, físico, astrónomo, enxeñeiro civil, enxeñeiro, profesor e astrólogo
FillosÉdouard Biot
Coñecido/a porLei de Biot–Savart
PremiosOrde do Mérito das Ciencias e as Artes, comendador da Lexión de Honor, Medalha Rumford, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences e Foreign Member of the Royal Society
Signature of Jean-Baptiste Biot.svg
editar datos en Wikidata ]
Jean-Baptiste Biot.

Jean-Baptiste Biot foi a primeira persoa en descubrir as propiedades ópticas únicas da mica, e do mineral baseado na mica denominado biotita (o nome do mineral púxose na súa honra). A comezos do século XIX estudou a polarización da luz cando pasa a través de solucións químicas.

Grazas á súa colaboración co físico Félix Savart (1791-1841) elaborou a Lei de Biot-Savart que describe como se xera un campo magnético mediante unha corrente eléctrica estacionaria. En 1804 elaborou un globo e ascendeu con Joseph Gay-Lussac a unha altura de cinco quilómetros no que serían as primeiras investigacións sobre a atmosfera terrestre. A magnitude adimensional en termodinámica coñécese como número de Biot. Polos seus descubrimentos, un cráter da Lúa leva o seu nome.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.