Jean-Marie Lustiger

Jean-Marie Lustiger, nado en París (Francia) o 17 de setembro de 1926 e finado o 5 de agosto de 2007, foi un eclesiástico católico latino francés, cardeal e arcebispo metropolitano de París entre 1981 e 2005.

Jean-Marie Lustiger
Cardeal da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento17 de setembro de 1926 en París, Francia
Pasamento5 de agosto de 2007
Ordes
Ordenación sacerdotal17 de abril de 1954, por Emile-Arsène Blanchet
Consagración episcopal8 de decembro de 1979, por Gabriel Auguste François Marty
Arcebispo metropolitano de París
1981 - 2005
PredecesorGabriel Auguste François Marty
SucesorAndré Armand Vingt-Trois
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria editar

Naceu como Aaron Lustiger nunha familia xudía asquenací. En marzo de 1940 converteuse ó catolicismo, e foi bautizado o 21 de agosto. Estudou Literatura na Universidade de París, onde graudouse en 1946, e entrou no seminario dos carmelitas de París.

O 17 de abril de 1954 foi ordenado sacerdote da arquidiocese de París por Emile-Arsène Blanchet.

O 10 de novembro de 1979 foi nomeado bispo de Orleáns. Recibiu a consagración episcopal o 8 de decembro, de mans do arcebispo de París Gabriel Auguste François Marty, e tivo como co-consagradores principais a Eugène-Marie Ernoult e a Daniel-Joseph-Louis-Marie Pézeril.

O 31 de xaneiro de 1981 foi nomeado arcebispo metropolitano de París, e o seguinte 12 de marzo ordinario de Francia para os fieis de rito oriental.

O 2 de febreiro de 1983 o papa Xoán Paulo II creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de Santi Marcellino e Pietro. O 26 de novembro de 1994 recibiu o título de Cardeal-Presbítero de San Luigi dei Francesi.

Retirouse como arcebispo de París o 11 de febreiro de 2005, e como ordinario de Francia o 14 de marzo. Finou o 5 de agosto de 2007.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Guy-Marie-Joseph Riobé
 Bispo de Orleáns 
1979 - 1981
Sucesor:
René Lucien Picandet
Predecesor:
Gabriel Auguste François Marty
 Arcebispo metropolitano de París 
1981 - 2005
Sucesor:
André Armand Ving-Trois
Predecesor:
Gabriel Auguste François Marty
 Ordinario de Francia para s fieis de rito oriental 
1981 - 2005
Sucesor:
André Armand Ving-Trois
Predecesor:
Manuel Gonçalves Cerejeira
 Cardeal-Presbítero de Santi Marcellino e Pietro 
1983 - 1994
Sucesor:
Aloysius Matthew Ambrozic
Predecesor:
Gabriel Auguste François Marty
 Cardeal-Presbítero de San Luigi dei Francesi 
1994 - 2007
Sucesor:
André Armand Ving-Trois

Notas editar