Jean-Baptiste Biot
Jean-Baptiste Biot, nado o 21 de abril de 1774 en París e finado o 3 de febreiro de 1862 na mesma cidade, foi un físico, astrónomo e matemático francés.
Jean-Baptiste Biot | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 21 de abril de 1774 |
Lugar de nacemento | París |
Falecemento | 3 de febreiro de 1862 |
Lugar de falecemento | París |
Soterrado | Cemiterio de Montparnasse |
Nacionalidade | Francia |
Alma máter | Escola Politécnica e École Nationale des Ponts et Chaussées |
Ocupación | matemático, físico, astrónomo, enxeñeiro civil, enxeñeiro, catedrático e astrólogo |
Fillos | Édouard Biot |
Coñecido por | Lei de Biot–Savart |
Premios | Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, comendador da Lexión de Honor, Medalha Rumford, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences e Foreign Member of the Royal Society |
Na rede | |
![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jean-Baptiste Biot foi a primeira persoa en descubrir as propiedades ópticas únicas da mica, e do mineral baseado na mica denominado biotita (o nome do mineral púxose na súa honra). A comezos do século XIX estudou a polarización da luz cando pasa a través de solucións químicas.
Grazas á súa colaboración co físico Félix Savart (1791-1841) elaborou a Lei de Biot-Savart que describe como se xera un campo magnético mediante unha corrente eléctrica estacionaria. En 1804 elaborou un globo e ascendeu con Joseph Gay-Lussac a unha altura de cinco quilómetros no que serían as primeiras investigacións sobre a atmosfera terrestre. A magnitude adimensional en termodinámica coñécese como número de Biot. Polos seus descubrimentos, un cráter da Lúa leva o seu nome.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Jean Baptiste Biot |
Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |