Javier Waterproof
Javier Pérez Gómara, nado en Santander no 1995, coñecido polo seu nome artístico Javier Waterproof é un músico e produtor musical galego que reside en Barcelona.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Santander, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | músico , produtor musical , técnico de son |
Período de actividade | 2019 - |
Xénero artístico | Indie |
Lingua | Lingua galega, lingua castelá e lingua inglesa |
Traxectoria
editarAínda que naceu en Santander pasou a súa vida en Pontevedra. Durante o instituto formou parte do grupo Aerials[1] (guitarra) cos que entrou en contacto co Local de Música de Pontevedra. Formouse como técnico de son na Coruña e marchou a continuar a súa formación en Barcelona.[2]
Presentou na XIX edición do Festival de Cans[3] "The scarf she wore in red"[4] como canción da curtametraxe "A moza da bufanda vermella contra a xente de dentes brancos" do coruñés Martín Caínzos. No 2022 presentou o sinxelo "Orfeo y Eurídice"[2] e en 2023 "Otra ronda", inspirado no filme Druk do director danés Thomas Vinterberg, cun videoclip gravado nos cines Dúplex de Ferrol.[5]
Obra
editarFilmografía
editar- Falso directo 2020[6][7]
- A quinta de Basilio 2022[8]
- A moza da bufanda vermella contra a xente de dentes brancos 2022
Discografía
editar- Las puertas de Orán 2020
- Académicamente previsto 2020
- Ideas mágicas 2020
- Perdón por divertirme 2020
- The scarf she wore in red 2021
- Orfeo y Eurídice 2022
- Otra ronda 2023
Notas
editar- ↑ "Aerials". facebook.com. Consultado o 2023.
- ↑ 2,0 2,1 Ciordia, Marisa (2022). "Javier Pérez Gomara 'Waterproof', el pontevedrés que sonará en los cortos del Festival de Cans". Pontevedra Viva.
- ↑ "As Novas Camadas de Cans regresan a VINTE". praza.gal. Consultado o 2023.
- ↑ "A Moza da Bufanda Vermella". festivalfkm.gal. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2023. Consultado o 2023.
- ↑ Cabanelas Figueirido, Isaac (2023). "'Otra ronda', el nuevo 'single' de Javier Waterproof inspirado en la película del director danés Thomas Vinterberg". Pontevedra Viva.
- ↑ "O Local de Música lanza os vídeos dos 10 grupos seleccionados no proxecto 'Falso directo'". Pontevedra Viva. 2020.
- ↑ "Falso Directo 2020 JAVIER WATERPROOF (En directo no Local de música de Pontevedra)". youtube.
- ↑ "A quinta de Basilio". youtube.com. Consultado o 2023.