Javier Vales Faílde
Francisco Javier Vales Faílde, nado en Fornas (San Salvador de Camba, Rodeiro) o 7 de decembro de 1872 e falecido en Madrid o 30 de marzo de 1923, foi un sacerdote e escritor galego.
Javier Vales Faílde | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 7 de decembro de 1872 |
Fornas | |
Falecemento | 30 de marzo de 1923 |
Madrid | |
Nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | sacerdote católico e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de José María Vales García, por liña paterna era parente do que fora arcebispo de Zaragoza, Manuel García Gil, e por liña materna de José Antonio Rivadeneira, arcebispo de Valladolid. Realizou os seus primeiros estudos en Chantada e Ourense. Licenciado e doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, estudou teoloxía co seu tío Benito Faílde Ribadeneira, deán da catedral de Tui, celebrando a súa primeira misa no pazo materno de Faílde, na parroquia de Santo Estevo do Salto. Trasladouse a Madrid, onde foi nomeado Vicario xeral da diocese en 1899, ocupando a cátedra de Principio de Economía Cristiá do Seminario. Foi nomeado Provisor do bispo de Madrid, Guisasola, en 1903 e en 1914 Xuíz Auditor do Tribunal da Rota. Foi Capelán do Rei Afonso XIII, sacerdote do Real Palacio e confesor da Raíña Vitoria Uxía. Cando se suicidou en 1923, estaba proposto para Bispo de Sión, Vicario xeral castrense e Patriarca das Indias.
Como escritorEditar
Colaborador de varios xornais católicos galegos, publicou traballos de socioloxía, literatura e dereito canónico. Dende 1907 dirixiu a revista Galicia. Interesado polos temas sociais, colaborou na Revista Social, e asistiu ao Congreso Internacional para a represión da inmoralidade celebrado en Londres en 1913.
Foi membro da Academia de Ciencias Morais e Políticas, Correspondente da Real Academia de Historia, Vicepresidente da Real Academia de Xurisprudencia e Reitor da Universidade Católica.
ObrasEditar
- Emigración, 1901.
- La emigración gallega, 1902, con prólogo de Antonino Cerviño González.
- Un sociólogo purpurado, 1909.
- Crisis de la familia obrera, 1910.
- Rosalía de Castro.
- La Rota Española.
- Causas canónicas para el divorcio, 1916.
- Disolución del matrimonio rato, 1921.
- La emperatriz Isabel.