Jared Sullinger
Jared Sullinger, nado o 4 de marzo de 1992 en Columbus, Ohio, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Shenzhen Leopards da Chinese Basketball Association (CBA).
Shenzhen Leopards – No. 0 | |
Posición | Ala-pivote / Pivote |
---|---|
Liga | CBA |
Información persoal | |
Nacemento | 4 de marzo de 1992 (32 anos) Columbus, Ohio |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 120 kg (265 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Northland High School |
Universidade | Ohio State (2010–2012) |
NBA Draft | 2012 / Rolda: 1 / Elección: 21 Por Boston Celtics |
Carreira | dende 2012 |
Historial de equipos | |
Boston Celtics (2012–2016) Toronto Raptors (2016–2017) → Raptors 905 (2017) Shenzhen Leopards (2017–presente) |
Instituto
editarNo seu derradeiro ano de instituto, Sullinger liderou ó Northland High School a unha marca de 21-0 e ó número 1 do ránking nacional. Acadou 24.5 puntos e 11.7 rebotes nesa tempada.[1] Foi seleccionado ademais para xogar o All-American Game de 2010 en Columbus, Ohio,[2] onde foi elixido co-MVP xunto a Harrison Barnes.[3] Foi tamén seleccionado para xogar o Nike Hoop Submit no Rose Garden en Portland, Oregón,[4] e o Jordan Brand Classic no Madison Square Garden en Nova York.[5]
O 10 de marzo de 2010, Sullinger gañou o premio James A. Naismith, que se entrega ó mellor xogador de baloncesto do ano no instituto.[1]
Traxectoria universitaria
editarFreshman
editarSullinger conseguiu 19 puntos e 14 rebotes no seu debut con Ohio State.[6] Na tempada 2010-11, Sullinger acadou 17.2 puntos, 10.2 rebotes e 1.2 asistencias en 31.7 minutos de xogo para os Buckeyes. Ohio State rematou a tempada cun 32-2, conseguiron a primeira praza para o torneo de 2011 da NCAA. Os Buckeyes conseguiron chegar ó 'Sweet Sixteen', onde perderon contra os Kentucky Wildcats por 62-60. Sullinger foi elixido no primeiro equipo All-America por Fox Sports.[7]
Sophomore
editarNo que sería o seu derradeiro ano en Ohio State, Sullinger liderou ós Buckeyes a unha marca de 31-8, con 17.5 puntos e 9.3 rebotes por partido na 2011-12. Os Buckeyes chegaron á 'Final Four' do Torneo da NCAA de 2012, onde perderon contra os Kansas Jayhawks. Nese partido, Sullinger anotou 13 puntos e capturou 11 rebotes, con 5 tiros anotados de 19 intentos. Cinco días despois da derrota, o ala-pivote declarouse elixible para o Draft da NBA de 2012.[8]
Traxectoria profesional
editarO 28 de xuño de 2012, Sullinger foi elixido na 21ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Boston Celtics. O 3 de xullo, asinou o seu contrato cos Celtics.[9] O 9 de xullo de 2012, fixo o seu debut cos Celtics na Summer League de Orlando, onde anotou 20 puntos, con 6 de 12 tiros anotados e 7 de 7 tiros libres, e capturou 6 rebotes en 24 minutos de xogo.
O 14 de xullo de 2016, Sullinger asinou cos Toronto Raptors.[10]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Northland High School basketball player, father win national Naismith awards". The Columbus Dispatch. 2010-03-10. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2010. Consultado o 2010-08-26.
- ↑ "McDonald’s All-American Game Team Announced". Slam Online. 2010-02-11. Consultado o 2010-08-26.
- ↑ "McDonald's All-American night: Knight's 3-pointer wins it for the West - MaxPreps News". Maxpreps.com. 2010-03-31. Consultado o 2010-08-26.
- ↑ "It’s the USA Against Everyone Else". Slam Online. 2010-01-20. Consultado o 2010-08-26.
- ↑ "Jordan Brand All-American Game Team Announced". Slam Online. 2010-02-18. Consultado o 2010-08-26.
- ↑ Ohio State routs North Carolina A&T in season opener
- ↑ Goodman, Jeff (7 de marzo de 2011). "Goodman's 2010-11 All-America teams". Fox Sports (Fox Sports Interactive Media). Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 21 de xuño de 2011.
- ↑ http://espn.go.com/nba/draft2012/story/_/id/8069495/2012-nba-draft-docs-medically-red-flag-jared-sullinger-sources-say
- ↑ Forsberg, Chris (3 de xullo de 2012). "C's sign Sullinger, Melo, Joseph". ESPN.com.
- ↑ "Raptors Sign Jared Sullinger". NBA.com. 14 de xullo de 2016. Consultado o 14 de xullo de 2016.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en NBA.com (en inglés)