Jan Tinbergen

economista neerlandés

Jan Tinbergen, nado na Haia (Países Baixos) en 1903 e finado na mesma cidade en 1994, foi un matemático e físico neerlandés galardoado co Premio Nobel de Economía o ano 1969.

Jan Tinbergen
Nacemento12 de abril de 1903
Lugar de nacementoA Haia
Falecemento9 de xuño de 1994 (91 anos)
Lugar de falecementoA Haia
SoterradoOud Eik en Duinen
NacionalidadeReino dos Países Baixos
Alma máterUniversidade de Leiden
Ocupacióneconomista, catedrático e profesor universitario
PaiD. C. Tinbergen
IrmánsNikolaas Tinbergen e Luuk Tinbergen
Coñecido porEsquema de Tinbergen
PremiosPremio Erasmus, Four Freedoms Award - Freedom from Want, Premio Nobel de Economía, Gouden Ganzenveer, Honorary doctor of the Katholieke Universiteit Leuven, Fellow of the Econometric Society e Fellow of the American Statistical Association
Na rede
Find a Grave: 43334891 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Naceu o 12 de abril de 1903 na cidade da Haia, fillo de Dirk Cornelis Tinbergen e Jeannette van Eek, e irmán do médico Nikolaas Tinbergen, galardoado co Premio Nobel de Medicina o ano 1973 e do botánico Luuk Tinbergen. Estudou matemáticas e física na Universidade de Leiden so a dirección de Paul Ehrenfest, universidade na que tamén se doutorou en 1929. Entre este ano e 1945 foi profesor da Universidade Erasme de Rotterdam, ao tempo que se converteu en consultor da Sociedade de Nacións. En 1967 foi galardoado co Premio Erasmus.[1]

Morreu o 9 de xuño de 1994 na súa cidade natal.

Investigación económica Editar

Especialista na investigación dos ciclos económicos, foi un dos pioneiros na aplicación de métodos matemáticos na economía, na que desenvolveu o modelo macroeconómico. Xuntamente con Ragnar Frisch desenvolveu métodos estatísticos para probar hipóteses económicas, creando modelos multiecuacionais de economía e desenvolvendo un modelo de 48 ecuacións co cal explicou os ciclos económicos norteamericanos.

No ano 1969, xunto co seu compañeiro Ragnar Frisch, foi galardoado co Premio Nobel de Economía, precisamente na súa primeira edición, pola análise dos procesos económicos e o desenvolvemento dinámico de modelos de decisión económica.

Notas Editar

  1. Fundación Praemium Erasmianum (ed.). "Former Laureates - Praemium Erasmianum". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2015. Consultado o 9 de novembro de 2015. 

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar