James Ross Snowden

político, xurista e director da Casa da Moeda dos Estados Unidos


James Ross Snowden, nado en Chester, Pensilvania, o 9 de decembro de 1809, e finado en Hulmeville, no mesmo Estado, o 21 de marzo de 1878, foi un xurista e político estadounidense que ocupou o cargo de director da Casa da Moeda dos Estados Unidos (US Mint), de 1853 a 1861.

Modelo:BiografíaJames Ross Snowden

Retreto de James Ross Snowden
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos
(1853-1861)

Biografía
Nacemento9 de decembro de 1809
Chester, condado de Delaware.
Pensilvania.
Morte21 de marzo de 1878 (68 anos)
Hulmeville, condado de Bucks.
Pensilvania.
Lugar de sepulturaCemiterio Laurel Hill. 
Member of the Pennsylvania House of Representatives (en) Traducir
Voceiro da Cámara de Representantes de Pensilvania
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Estadounidense
EducaciónDickinson College.
Actividade
Lugar de traballo Harrisburg Editar o valor en Wikidata
OcupaciónPolítico, tesoureiro dos EEUU e director da US Mint
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiNathaniel Randolph Snowden Editar o valor en Wikidata
IrmánsIsaac Wayne Snowden Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Snowden, James Ross) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Snowden-241 Find a Grave: 105301708 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos e formación

editar

James Ross Snowden naceu en Chester, Pensilvania, o 9 de decembro de 1809, fillo de Sarah Gustine e do reverendo Nathaniel Randolph Snowden.[1][2] A familia descendía de John Snowden, quen en 1678 abandonara Nottinghamshire, en Inglaterra, para se asentar no que posteriormente sería a cidade de Filadelfia.[3]

Formouse no Dickinson College, onde o seu pai traballaba como conservador, e posteriormente estudou tamén Dereito nun despacho de Carlisle. Habilitouse para o exercicio da avogacía aos 19 anos.[1][2][3]

Participou tamén na milicia do Estado, na que foi coronel dun rexemento local.[1][2] En 1845 presidiu a convención militar do Estado en Harrisburg.[3]

Dereito e política

editar

En 1830 fixou a súa residencia en Franklin, no mesmo Estado de Pensilvania, e nesa cidade foi nomeado fiscal xeral adxunto. En 1838 resultou elixido representante na Cámara Lexislativa de Pensilvania, e actuou como voceiro no período 1842-1844.[1][2][3][4]

Tamén acadou o posto de tesoureiro do Estado de Pensilvania entre 1845 e 1847.[1][2]

Director da Casa da Moeda dos EEUU

editar

Entre 1847 e 1850, Snowden foi nomeado tesoureiro da Casa da Moeda dos Estados Unidos e ocupou tamén o cargo de axudante do secretario do Tesouro, en Filadelfia. En 1853, o presidente Franklin Pierce nomeouno director da Casa da Moeda, logo do falecemento de Thomas M. Pettit, posto do que dimitiu en maio de 1861.[1][2][3]

A partir dese ano foi nomeado protonotario do Tribunal Supremo de Pensilvania, cargo que exerceu durante 12 anos, ata 1873,[2] cando dimitiu do cargo para se dedicar integramente ao exercicio da avogacía.[3]

No seu período ao servizo da US Mint, Snowden desenvolveu o seu interese pola numismática e chegou a se converter nun reputado numismático do seu tempo. Contribuíu ao coñecemento nesta área coa publicación de diversos artigos e monografías, ademais da confección de sete informes anuais da actividade da Casa da Moeda.[1]

Vida persoal

editar

Snowden casou con Susan Engle Patterson o 13 de setembro de 1848 e xuntos tiveron dous fillos e tres fillas.[1][2][3]

O seu bisavó, Nathanael Fitz Randolph, foi un destacado participante na Guerra da Independencia.[1]

O seu sobriño, A. Loudon Snowden (1835-1912), foi embaixador en España e superintendente da Casa da Moeda de Filadelfia, unha das delegacións da US Mint.[1]

James Ross Snowden finou na súa casa de Hulmeville, no Estado de Filadelfia, o 21 de marzo de 1878.[1][2][3] O seu corpo foi soterrado no cemiterio Laurel Hill, de Filadelfia.[5]

Publicacións

editar

James Ross Snowden contribuíu con artigos sobre a moeda dos Estados Unidos e sobre outros aspectos da numismática no Bouvier's Law Dictionary e no National Almanac de 1873.[1] Ademais é autor de diversos traballos monográficos:[3][6]

Monografías

editar
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 "Snowden, James Ross". En Wilson, J. G.; Fiske, J. (eds.) (1900). Páxinas 602-603.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "James Ross Snowden. Director of the Mint". En Failor, K. M.; Hayden, E. (1969). Medals of the United States Mint. US Government Printing Office. Páxinas 132-133.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 "Snowden, James Ross". En Malone, D. (ed.) (1935).
  4. "House speaker Biographies: James Ross Snowden". Pennsylvania House of Representatives.
  5. "James Ross Snowden". Find a Grave.
  6. "Snowden, James Ross 1809-1878". WorldCat Identities.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Predecesor:
Thomas M. Pettit
 
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

1853 - 1861
Sucesor:
James Pollock