Jaime Quiroga Pardo Bazán

escritor e político galego

Jaime Quiroga Pardo Bazán, nado na Coruña[1] o 21 de xullo de 1876 e finado en Madrid o 11 de agosto de 1936, foi un nobre, militar, escritor e político galego.

Jaime Quiroga Pardo Bazán
Nome completoJaime José Emilio Elías Quiroga y Pardo Bazán e Jaime Quiroga y Pardo Bazán
Nacemento21 de xullo de 1876
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento11 de agosto de 1936
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmilitar
PaiJosé Quiroga Pérez de Deza
NaiEmilia Pardo Bazán
CónxuxeManuela Esteban-Collantes
IrmánsCarmen Quiroga Pardo Bazán e Nieves Quiroga Pardo Bazán
Na rede
Galiciana: 260391
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo primoxénito de José Quiroga Pérez de Deza e Emilia Pardo Bazán. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Voluntario na guerra de Melilla (1909), chegou a tenente de Cabalería. Conde de Torre de Cela, foi o propietario do Pazo de Meirás. En maio de 1916 casou con Manuela Esteban Collantes, filla de Saturnino Esteban Collantes. Tiveron un fillo, Jaime.

En 1932 estivo envolto na Sanjurjada e pasou quince días na cadea.

Durante a Guerra civil española, Jaime Quiroga Pardo Bazán e Jaime Quiroga y Esteban Collantes, o seu fillo (contando o mozo con 19 anos de idade), foron detidos na súa casa, conducidos ámbolos dous a unha checa de Madrid e fusilados.[2]

Obras editar

 
Fotografado por Goñi no verán de 1909 en Melilla (Actualidades, 1 de setembro de 1909).
  • Notas de un viaje por la Italia del norte: Niza, Mónaco, Monte-Carlo, Génova, Milán, Pavía, el Lago Mayor y Venecia, 1902.
  • Aventuras de un francés, un alemán y un inglés en el siglo XXIX, 1902?
  • Las alas del cisne, 1922. Con cuberta ilustrada por Máximo Ramos.

Galería editar

Notas editar

  1. "Padrón de vecinos del Ayuntamiento de La Coruña para el año 1882. Barrio 1º" (AHMC, fol. 43r).
  2. Bullón de Mendoza y Gómez de Valugera 2000, p. 84.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar