Jaime Cantizano

presentador de televisión español

Jaime Cantizano Camacho,[1] nado en Xerez da Fronteira (Cádiz) o 22 de xullo de 1973, é un presentador de televisión español.

Modelo:BiografíaJaime Cantizano

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xullo de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Xerez da Fronteira, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentador de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1990 Editar o valor en Wikidata -

IMDB: nm1513545 Twitter: jaimecantizano Instagram: jaimecantizano Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Inicia a súa traxectoria profesional no mundo da radio e con tan só 17 anos presenta Los 40 Principales na súa cidade e tamén anuncios publicitarios; de aí pasa á emisión rexional da Cadena SER e posteriormente a Onda Cero Radio.[2] Simultaneamente coa súa actividade radiofónica tamén colabora en El Correo de Andalucía.

En 2001 dá o salto á televisión, incorporándose á cadea local Localia Televisión (Grupo PRISA), presentando un programa matinal xunto a Concha Galán en 2002, ano en que por primeira vez aparece nunha cadea de ámbito nacional. Seguidamente é fichado por Antena 3 e empeza a colaborar coa xornalista Ana Rosa Quintana no seu magacín Sabor a ti.[3]

O seu rostro faise rapidamente popular entre os teleespectadores e tan só un ano despois a cadea ofrécelle a presentación dunha das súas novas apostas para o prime time, o programa de prensa rosa ¿Dónde estás corazón?.[4] O espazo emítese dende xullo de 2003 ata setembro de 2011, sempre con Cantizano á fronte, e malia ser cuestionado en repetidas ocasións polo estilo xornalístico especialmente agresivo cos convidados que se empregou no programa, contou tamén cunha audiencia moi fiel que o situou entre os programas de televisión con maior seguimento en España, convertendo ao seu presentador nun dos rostros máis coñecidos do panorama audiovisual español.

Posteriormente, no verán de 2006, substitúe a Silvia Jato no concurso Pasapalabra[5] e entrega o maior premio da historia da televisión española, 2 190 000 euros. Dende setembro de 2006 a xuño de 2007 presenta, sempre en Antena 3, o magacín diario En Antena que a partir de setembro de 2007 é substituído por A3Bandas, espazo no que Cantizano está acompañado por María Patiño e Dani Martínez na presentación e que finalmente é retirado en 2008.[6][7]

En marzo de 2008 estrea 'Tres desexos' ' que xira en torno a tres persoas, familias ou colectivos para os que se fará realidade un sono, resolvendo, na maioría dos casos, problemas ou carencias. Acompáñano na presentación Aitor Trigos e Eva González.[8]

En febreiro de 2010 Jaime estrea un programa de debate de crónica social chamado Informe 3 emitido na franxa de late night pero que rapidamente pasa ao luns por decisión da cadea.[9]

Tras 8 anos de emisión do programa DEC, a cadea decidiu retiralo por moderados datos de audiencia que foi sufrindo pouco a pouco. Así, remata o 23 de setembro de 2011, cun especial no que María del Monte entrevista a Jaime.[10]

En xullo de 2012 regresou á pequena pantalla conducindo o concurso musical Dando la nota.[11] En outubro dese mesmo ano prestouse como cara visible para a campaña solidaria 'Un nombre, Una Vida patrocinada pola Fundación Antena 3 para o recoñecemento gobernamental dos dereitos da infancia de miles de nenos en Madagascar.[12]

O 24 de outubro de 2012 comunicou que non renovou o seu contrato co Grupo Antena 3, dando fin á súa traxectoria nesta cadea na que estivera durante máis de dez anos.

Dende setembro de 2013 é locutor presentador do exitoso programa Atrévete de Cadea Dial.

En xaneiro de 2014 dáse a coñecer que Jaime Cantizano volve á televisión na cadea La 1, co programa ¡Mira quién baila!, en substitución da presentadora Anne Igartiburu.[13]

En publicidade realizou campañas promocionais para Gallina Blanca, tendas BEDS ou Salerm Cosmetics.[14][15]

Televisión

editar

Premios e recoñecementos

editar
2009
  • Nomeamento aos Premios Shangay ao Mellor comunicador de corazón.[16]
2010
  • Premio Gente con Punto na categoría de Comunicación con punto.[17]
  1. "Ficha en la Academia de las Ciencias y las Artes de la Televisión". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 15 de abril de 2014. 
  2. "Kiss FM "Entrevista a Jaime Cantizano"". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2010. Consultado o 15 de febreiro de 2014. 
  3. La Guía TV "Recordando... Sabor a ti: Cuando Antena 3 triunfaba en la tarde"
  4. "Qué "Jaime Cantizano lleva seis años al frente de 'DEC' (abreviatura de 'Donde estás corazón')". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 15 de febreiro de 2014. 
  5. Vaya Tele "Jaime Cantizano presentará Pasapalabra"
  6. La Guía TV "Antena 3 estrena 'A3bandas', presentado por Jaime Cantizano"[Ligazón morta]
  7. "Ver Tele "Jaime Cantizano no volverá a las tardes de Antena 3". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2008. Consultado o 15 de febreiro de 2014. 
  8. "La Guía TV "Jaime Cantizano reparte ilusiones en "Tres deseos"". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2008. Consultado o 15 de febreiro de 2014. 
  9. "Globedia "Jaime Cantizano se pone mañana al frente de Informe DEC"". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2010. Consultado o 15 de febreiro de 2014. 
  10. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 15 de febreiro de 2014. 
  11. El Mundo, ed. (4 de xullo de 2012). "Jaime Cantizano vuelve 'Dando la nota'". 
  12. "Jaime Cantizano, en Nova con 'Un nombre, una vida'". La Nueva España. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 29 de novembro de 2012. 
  13. "Jaime Cantizano ficha por TVE y presentara el nuevo '¡Mira quien baila!'". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2014. Consultado o 15 de febreiro de 2014. 
  14. "Hoy mujer "Jaime Cantizano se ha convertido en imagen para línea de cosméticos". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2009. Consultado o 15 de febreiro de 2014. 
  15. "Gallina Blanca estrena prescriptora para un nuevo producto". MarketingNews.es. 18 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2011. Consultado o 29 de novembro de 2012. 
  16. Shangay "Jaime Cantizano nominado a Mejor comunicador corazón"
  17. Punto Radio "Jaime Cantizano gana Premio Gente con Punto"

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar