Jacques Diouf

político senegalés

Jacques Diouf, nado en Saint-Louis o 1 de agosto de 1938 e finado o 17 de agosto de 2019, foi un diplomático senegalés, que foi director xeral da FAO de 1994 a 2011.

Infotaula de personaJacques Diouf

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de agosto de 1938 Editar o valor em Wikidata
Saint-Louis, Senegal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte17 de agosto de 2019 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Neuilly-sur-Seine, Francia Editar o valor em Wikidata
Director-General of the Food and Agriculture Organization (en) Traducir
1 de xaneiro de 1994 – 31 de decembro de 2011
← Edouard Saouma (pt) TraducirJosé Graziano (pt) Traducir →
Member of the National Assembly of Senegal (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSenegal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Paris 1 Panthéon-Sorbonne (pt) Traducir - Doutoramento (pt) Traducir (–1975)
École nationale supérieure d'agronomie de Grignon (en) Traducir
Lycée Cheikh Omar Foutiyou Tall (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , diplomático , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
EmpregadorONU Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
21 de xaneiro de 2004Reunión Anual do Foro Económico Mundial de 2004 Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata
Jacques Diouf en marzo de 2006

Biografía editar

Diouf atendeu á escola primaria e secundaria na súa cidade natal de Saint-Louis, continuou os seus estudos como enxeñeiro agrónomo en Francia no Institut National Agronomique Paris-Grignon e doutorouse en economía rural na Sorbona.

En 1963, Diouf converteuse no director da Oficina Europea e do Programa Agrícola da Oficina de Comercialización Agrícola da FAO. En 1965, Diouf ocupou o posto de secretario executivo do recentemente fundado Consello Africano do Cacahuete con sede en Lagos. Entre 1971 e 1877 foi secretario executivo da Asociación para o Desenvolvemento do Cultivo do Arroz en África Occidental con sede en Monrovia. En 1978 volveu ao seu país natal como secretario de estado para Investigación Científica e Técnica cos gobernos de Léopold Sédar Senghor e Abdou Diouf ata 1983. Foi parlamentario da Asemblea Nacional do Senegal e do Parlamento de Senegambia (1983-1984). Entre 1985 e 1990 foi secretario xeral do Banco Central dos Estados de África Occidental con sede en Dakar. Foi embaixador do Senegal na ONU (1991-1993) antes de ser elixido director xeral da FAO o 1 de xaneiro de 1994, para substituír o libanés Edouard Saouma.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar