Jack the Giant Killer

conto de fadas córnico

Jack the Giant Killer é un conto de fadas e tamén unha lenda de Cornualla (Inglaterra) sobre un mozo que asasina a varios xigantes malvados durante o mandato do Rei Artur. Rara vez se fai referencia a Jack e á súa historia na literatura inglesa anterior ao século XVIII, pero sábese que non apareceu transcrita ata o 1711.[Cómpre referencia] A hipótese dun experto é que público se cansara do Rei Artur e Jack fora creado para desempeñar o seu papel.

Jack the Giant Killer
OrixeInglaterra
Lingualingua inglesa
Xénero(s)Conto de fadas
editar datos en Wikidata ]

Trama editar

Este resumo baséase nun texto publicado en 1760 por John Cotton e Joshua Eddowes, que se apoiaron nun panfleto literario reimpreso en The Classic Fairy Tales de Ioana e Peter Opie no 1974. A historia desenvólvese durante o reinado de Artur e conta a vida do fillo dun granxeiro de Cornualla chamado Jack: este atópase con Cormoran, un xigante que come o gando, e condúceo a morte cunha trampa. Grazas a esta fazaña é alcumado “Jack o mata xigantes” e recibe non só a riqueza do xigante, senón tamén unha espada e un cinto para conmemorar o acontecemento.

Un xigante que devora homes chamado Blunderbore xura vingar a morte de Cormoran e secuestra a Jack nun castelo encantado. Con todo, o prisioneiro consegue matar a Blunderbore e ao seu irmán Rebecks e libera tres mulleres que estaban alí presas. Neste punto, o fillo do rei Artur entra na historia e Jack convértese no seu servo. Pasan a noite cun xigante de tres cabezas e róubanlle pola mañá e para agradecerlles ter liberado o seu castelo, o monstro  dálle a Jack unha espada máxica, un sombreiro da sabedoría, unha capa da invisibilidade e uns zapatos que proporcionan ultra velocidade.

No seu camiño, Jack e o príncipe atópanse cunha enfeitizada dama que está ao servizo de Lucifer. O mata xigantes rompe o feitizo cos seus accesorios máxicos e decapita o demo. O príncipe casa coa dama e coma recompensa pola fazaña o heroe convértese nun membro da Táboa Redonda.

Máis tarde, aventúrase a saír só cos seus zapatos, espada, capa e sombreiro para liberar o reino dos xigantes problemáticos. Durante a súa andanza, atópase a un destes monstros aterrorizando a un cabaleiro e á súa dama, libéraos e acompáñaos a súa casa. Unha vez alí, mentres desfrutan dun banquete, atácaos Thunderdell, unha criatura de dúas cabezas, a quen Jack  decapita.

Despois, o xusticeiro parte en busca de máis aventuras e coñece un ancián que o dirixe ata o castelo do xigante Galligantus, que ten en cativeiro varios cabaleiros e damas, ademais da filla do duque, que fora transformada nunha cerva branca por un feiticeiro. Jack decapita o monstro, o bruxo foxe, a rapaza recupera o seu corpo orixinal e os presos son liberados. Na corte do rei Artur, o heroe casa coa filla do duque.

Contexto editar

Os contos de monstros e heroes abundan en todo o mundo, polo que é difícil de precisar a fonte de procedencia de “Jack o mata xigantes”, porén, a asignación da relación de Jack con Cornualla suxire unha orixe britónica (celta). Por outra banda, o relato galés How Culhwch won Olwen (Culhwch e Olwen), datado aproximadamente no 1100, está ambientado na Gran Bretaña artúrica e sitúa e Artur coma xefe entre os reis de Gran Bretaña.

Os Opies, parella inglesa de folcloristas, fan referencia a que o conto sueco The Heard-boy and the Giants (Os xigantes e o neno da manda) mostra moitas similitudes con Jack o mata xigantes, e, ademais pensan que os seus accesorios máxicos puideron inspirarse na historia de Polgariño ou na mitoloxía nórdica. Tamén sinalan que as historias de xigantes eran moi coñecidas en Gran Bretaña, así é todo, os análogos máis antigos da tradición celta británica suxiren que estes representan características dos anteriores deuses celtas.

Desde outro punto de vista, Ruth B. Bottigheimer observa en The Oxford Companion to Fairy Tales que a aventura final de Jack con Galligantus foi influenciada polos “dispositivos máxicos” dos contos de fadas franceses. Ademais, sábese que o encontro do rei Artur co xigante do monte de San Miguel[1] foi relatado por Geoffrey de Monmouth en Historia Regum Britanniae en 1136, e publicado por Sir Thomas Malory en 1585 en Le Morte d’Arthur.[2]

A historia de Jack e os Xigantes editar

The History of Jack and the Giants (A historia de Jack e os Xigantes), a primeira edición coñecida, foi publicada en dúas partes por J. White de Newcastel en 1711, pero non foi incluída en catálogos da época, nin Jack era un dos heroes populares no repertorio de Robert Powel, un coñecido titiriteiro asentado en Covent Garden.

Conforme avanzou o século XVIII, Jack tornouse nunha figura coñecida e Bottigheimer sinala que no sur dos montes Apalaches dos Estados Unidos, converteuse no clásico heroes dos contos normalmente adaptados dos Irmáns Grimm.

Os xigantes británicos editar

John Matthews escribe en Taliesin: Shamanism and the Bardic Mysteries in britain and Ireland (O último xamán celta) que os xigantes son moi comúns no folclore británico e representan moitas veces aos habitantes “orixinais”, antepasados ou deuses da illa antes da chegada do “home civilizado”.[3] Estas criaturas teñen un papel destacado no folclore de Cornualla, Bretaña e Gales, representando a forza da natureza, con frecuencia son responsables da creación da paisaxe natural e son petrificados na morte, un tema especialmente recorrente no mito e na cultura celta.[4]

O mito da fundación de Cornualla orixinouse co cronista britónica Nennio na súa obra Historia Brittonum e chegou ao período do inglés moderno grazas ó crego Geoffrey de Monmouth. O sacerdote conta na obra The History of the Kings of Britain (1136) como os xigantes de Cornualla foron aniquilados por Brutus, Corineus e os seus irmáns, descendentes do heroe troiano Éneas, asentados en Gran Bretaña tras a destrución da súa cidade natal.

En canto, os xigantes, Cormoran foi o primeiro en ser asasinado por Jack; Blunderbore, xeralmente tende a asociarse coa área de Penwith e dise que vivía nunha mansión en Ludgvan onde aterrorizaba aos viaxeiros; Thunderbell, pola súa parte, é coñecido por ter dúas cabezas e por asaltar un banquete adicado a Jack e  Galligantus caracterízase por capturar milleiros de cabaleiros e damas, entre os que estaba a filla do duque.

H. G. Wells editar

Na novela  de 1904, The Food of the Gods and How IT Came to the Earth (O alimento dos Deuses e como chegou á Terra) do escritor inglés H.G. Wells relata a aparición dos xigantes no mundo real, concretamente a comezos do século XX en Gran Bretaña. O político Catherham recibiu o alcume de “Jack o mata xigantes”, que provén do  conto anterior.

Adaptacións editar

Filmes editar

Video xogos editar

Notas editar

  1. Armitage, Simon (2012). The death of King Arthur (en inglés). Londres: Faber & Faber. ISBN 978-0-571-24947-3. OCLC 751832734. 
  2. Iona, Opie; Opie, Peter (2003). The classic fairy tales (en inglés). Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-211559-1. OCLC 1034960846. 
  3. Matthews, John (1991). Taliesin : shamanism and the bardic mysteries in Britain and Ireland (en inglés). Londres: Aquarian Press. ISBN 9781855381094. 
  4. Monaghan (2014)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Monaghan, Patricia (2014). The Encyclopedia of Celtic Mythology and Folklore (en inglés). Nova York: Infobase Publishing. ISBN 978-1-4381-1037-0.