Sir Joseph John Thomson, nado en Cheetham Hill, Reino Unido, o 18 de decembro de 1856 e finado en Cambridge o 30 de agosto de 1940, foi un físico británico, premio Nobel de Física en 1906.
Joseph John Thomson |
|
Nacemento | (en) Joseph John Thomson. 18 de decembro de 1856 Cheetham Hill, Reino Unido (en) |
---|
Morte | 30 de agosto de 1940 (83 anos) Cambridge, Reino Unido |
---|
Lugar de sepultura | Abadía de Westminster |
---|
|
42º President of the Royal Geographical Society (en) |
---|
1915 – 1920 ← William Crookes – Charles Scott Sherrington → |
Presidente da Royal Society |
---|
1915 – 1920 ← William Crookes – Charles Scott Sherrington → |
|
|
Relixión | Anglicanismo |
---|
Educación | Universidade de Manchester Universidade Vitoria de Manchester Trinity College Universidade de Cambridge |
---|
Director de tese | John William Strutt |
---|
|
Campo de traballo | Física, física experimental (pt) , electrón e condutância elétrica (pt) |
---|
Ocupación | físico, matemático, profesor universitario |
---|
Empregador | Universidade de Cambridge |
---|
Membro de | |
---|
Profesores | John William Strutt |
---|
Alumnos | Robert Oppenheimer, Charles Glover Barkla, Charles Thomson Rees Wilson, Francis William Aston, William Henry Bragg, Max Born, John Sealy Townsend, Balthasar van der Pol, John Zeleny (pt) , Daniel Frost Comstock (pt) , T. H. Laby (en) e H. Stanley Allen (en) |
---|
|
Obras destacables |
Doutorando | Ernest Rutherford, Theodore Lyman, John Sealy Townsend, Władysław Natanson (pt) , Paul Langevin, Owen Willans Richardson, Niels Bohr, Francis William Aston, Edward Victor Appleton, William Lawrence Bragg, Geoffrey Ingram Taylor, Arthur Llewelyn Hughes (en) , Harold A. Wilson (pt) , Robert William Ditchburn (pt) , Hugh Longbourne Callendar (pt) e Ernest B. Ludlam (en) |
---|
|
Cónxuxe | Rose Thomson |
---|
Fillos | George Paget Thomson, Joan Paget Thomson |
---|
Pais | Joseph James Thomson e Emma Swindells |
---|
Irmáns | Frederick Vernon Thomson |
---|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Томсон Джозеф Джон) Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, |
---|
|
Nacido no 1856 en "Cheetham Hill, Manchester", Reino Unido.
Estudou no Owens College (hoxe parte da Universidade de Manchester) e no Trinity College, da Universidade de Cambridge. Nesta institución ensinou matemáticas e física, foi profesor de física experimental no laboratorio de Cavendish, e reitor do Trinity College (1918-1940). Tamén foi presidente da Royal Society (1915-1920) e profesor de filosofía natural da Institución rexia de Gran Bretaña (1905-1918).
En 1906 Thomson recibiu o Premio Nobel de Física polo seu traballo sobre a condución da electricidade a través dos gases. Considéraselle o descubridor do electrón polos seus experimentos co fluxo de partículas (electróns) que compoñen os raios catódicos. Teórico e experimentador, Thomson elaborou en 1898 o modelo "pastel de ameixas" da estrutura atómica, na que sostiña que os electróns eran como 'ameixas' negativas incrustadas nun 'pudding' de materia positiva. En 1908 foi nomeado sir.
Foi pai de George Paget Thomson, Premio Nobel de Física en 1937, sendo o único caso de dúas xeracións nunha familia, a máis de Marie Curie e Pierre Curie coa súa filla Irène_Joliot-Curie.