Juan Bautista Martínez Lemiña

mestre, xornalista e ilustrador galego
(Redirección desde «J. Bautista M. Lemiña»)

Juan Bautista Martínez Lemiña, que asinaba como J. Bautista M. Lemiña, nado en Ribeira o 7 de xullo de 1906 e finado no mesmo concello o 30 de xuño de 1975, foi un mestre, xornalista e ilustrador galego.[1]

Juan Bautista Martínez Lemiña
Nacemento7 de xullo de 1906
Lugar de nacementoRibeira
Falecemento30 de xuño de 1975
Lugar de falecementoRibeira
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Mestre, xornalista, ilustrador, aprendiz de reloxeiro, tamén dirixiu o grupo de música Orquesta Lemiña, un sexteto de vento e percusión no que tocaba o violín e o acordeón. Correspondente en Ribeira de El Pueblo Gallego, asinaba moitos artigos co pseudónimo Tis-ta-bau. Colaborou en La Voz de Galicia e La Lucha e en 1933 fundou en Ribeira o semanario La Coraza. Foi director do colexio Curros da Coruña e mestre interino en Palmeira e Ribeira e en marzo de 1936 trasladouse á escola número 2 da Guarda.[2] Colaborou en RAIG, El Noticiero Gallego, Presente e Escuela Azul.

Trasladouse como mestre a Vilanova en 1938. Foi delegado comarcal de Prensa e Propaganda no partido xudicial de Cambados do Sindicato Español del Magisterio.[3] A finais de 1938 entrou no exército e foi alférez provisional.[4] Despos da guerra foi mestre en Vilanova de Arousa (1940-1943), Oleiros (dende 1943), Porto do Son e na Pobra do Caramiñal, onde se xubilou. Dende 1964 estivo a cargo da delegación de El Pueblo Gallego, primeiro na Pobra do Caramiñal e despois en Ribeira.[5] Deixou inédito o libro Páginas históricas no que recolle as súas vivenzas na guerra, polo que recibiu un accésit no Premio Ejercito de 1958. Finou en Ribeira o 30 de xuño de 1975.[6][7]

Vida persoal editar

Casou con Josefina Ajeitos Lijó e foi pai de Juan Bautista e María Visitación Martínez Lijó.

Notas editar

  1. Más allá de la cúpula del faro
  2. El Pueblo Gallego, 27-3-1936, p. 12.
  3. El Noticiero Gallego, 11-3-1938, p. 3.
  4. El Noticiero Gallego, 18-1-1939, p. 1.
  5. El Pueblo Gallego, 4-4-1971, p. 14.
  6. El Pueblo Gallego, 2-7-1975, p. 5.
  7. La Voz de Galicia, 26-7-1975, p. 54.