Abrir o menú principal

Israel Kamakawiwoʻole

Cantante hawaiano

Israel "IZ" Kaʻanoʻi Kamakawiwoʻole, nado en Honolulu o 20 de maio de 1959 e finado o 26 de xuño de 1997, foi un cantante hawaiano.

Israel Kamakawiwoʻole
Nome completoIsrael Kaʻanoʻi Kamakawiwoʻole
Nacemento20 de maio de 1959
OrixeHonolulu, Hawai Hawai
Falecemento26 de xuño de 1997 (38 anos)
 Honolulu
OcupaciónCantante
XéneroMúsica hawaiana
Instrumento(s)Ukelele, voz
Relacionado conMakaha Sons of Niʻihau
Israel Kamakawiwoʻole Signature.png
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fíxose famoso fóra de Hawai cando o seu álbum Facing Future foi lanzado ó mercado en 1993. A súa versión da "Over the Rainbow" e do clásico de Louis Armstrong "What a Wonderful World" foron empregados posteriormente en varios filmes, programas de televisión e en publicidade.

A través do seu ukelele e da incorporación de outros xéneros musicais á súa música (como o jazz e o reggae), Kamakawiwoʻole converteuse nunha das referencias da música de Hawai.[1]

PolíticaEditar

Kamakawiwoʻole era coñecido por ser un defensor dos dereitos dos hawaianos e da independencia de Hawai, tanto a través das súas letras, que aludían a miúdo o tema da independencia de forma directa, como da súa vida.[2] A súa canción Hawai'i '78 é unha mostra das súas crenzas e esperanzas que tiña para o pobo de Hawai.[3] O lema do estado de Hawai é unha liña recorrente na canción e abarca o significado da mensaxe de Iz: Ua Mau ke Ea o ka ʻĀina i ka Pono (que significa: A vida nesta terra perpetúase na xustiza).[4]

DiscografíaEditar

NotasEditar

  1. Gordon, Mike; Beverly Creamer and Wayne Harada. "The Legacy: A Voice Of Hawaiʻi and Hawaiians". The Honolulu Advertiser. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2008. Consultado o August 19, 2008. 
  2. Carroll, Rick. Iz: Voice of the People. Honolulu, Hawai'i: Bess, 2006. Print.
  3. Israel Kamakawiwo'ole. "Hawai'i '78." Facing Future. Mountain Apple Company, 1993. MP3.
  4. http://www.netstate.com/states/mottoes/hi_motto.htm

Véxase taménEditar