Isidro Núñez Vidal

sindicalista e militar galego

Gumersindo Isidro Núñez Vidal, nado en Maxide (Lousame) o 15 de maio de 1916 e finado no mesmo lugar o 28 de agosto de 1946, foi un mineiro, sindicalista e militar galego.

Infotaula de personaIsidro Núñez Vidal
Biografía
Nacemento15 de maio de 1916 Editar o valor em Wikidata
Maxide, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de agosto de 1946 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
Maxide, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , militar Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Traballador das minas de San Fins, afiliado á CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi mobilizado, incorporándose ao Rexemento de Infantaría Mérida número 35 de Vigo en 1937, do que desertou. Foi detido pola Garda Civil en Noia o 4 de maio de 1937. Xulgado, foi condenado a catro anos de recarga e incorporado ao Segundo Terzo da Lexión. Volveu desertar e pasouse ao bando leal na fronte de Rivas-Vaciamadrid o 21 de xaneiro de 1938. Foi soldado da 56 Brigada de Mariña combatendo na fronte de Cataluña. Coa derrota de República pasou a Francia onde estivo internado no campo de concentración de Barcares. Regresou a España por Irún xuño de 1940 e foi detido e ingresado no campo de concentración de Miranda de Ebro e incorporado ao Batallón Disciplinario de Traballadores número 1. Pasou despois ao Batallón Disciplinario de Traballadores número 35 destacado en Punta Paloma (Tarifa), onde foi detido o 1 de marzo de 1941 iniciándose un sumario por deserción. Fuxiu e regresou a Lousame onde estivo fuxido. Foi buscado polo Tribunal Militar mediante requisitoria en 1943,[1] e declarado en rebeldía. Foi abatido pola Garda Civil preto da súa casa de Maxide o 15 de maio de 1946.

Vida persoal editar

Casou en agosto de 1936 con María Ángela Lorenzo Pérez e foi pai de Oliva Núñez Lorenzo.

Notas editar

  1. BOP A Coruña, 18-2-1943, p. 114.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar