Iria Carreira Pazos

Iria Carreira Pazos, nada en Arzúa en 1991, é unha médica e política galega do BNG, deputada no Parlamento de Galicia pola Circunscrición electoral da Coruña.

Infotaula de personaIria Carreira Pazos
Biografía
Nacemento1991 Editar o valor em Wikidata (32/33 anos)
Arzúa, España Editar o valor em Wikidata
Deputada do Parlamento de Galicia
2020 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédica , política Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: _iriac Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Especializouse en Medicina Familiar e Comunitaria. Formou parte da dirección nacional de Galiza Nova e foi responsábel da asemblea nacional LGBT. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi de número 7 da lista do Bloque Nacionalista Galego pola Circunscrición electoral da Coruña,[1] obtendo acta de deputada autonómica.

É secretaria xeral da Unión da Mocidade Galega.[Cómpre referencia]

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada pola Coruña.[2]

Notas editar

  1. "Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se fan públicas as candidaturas proclamadas…" Diario Oficial de Galicia n.º 117, do 16/6/2020.
  2. Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar