Iquitos
Iquitos (pronunciado [iˈkitos] ( ); en iquito: «Multitude separada polas aguas»),[1] San Pablo de Nuevo Napeanos na súa fundación, é unha cidade peruana capital do distrito de Iquitos e á súa vez da provincia de Maynas e do departamento de Loreto. Está considerada oficialmente polo INEI como unha metrópole rexional no Microsistema Norte do Perú.[2] É a meirande metrópole da Amazonia peruana e a novena cidade máis poboada do país, segundo estimacións do ano 2023.[2] Está estabelecida na Gran Chaira e arrodeada polos ríos Amazonas, Nanay e Itaya e o lago Moronacocha. En conxunto, constitúese como Iquitos Metropolitano, a sexta área metropolitana do Perú formada por catro distritos: Iquitos, Punchana, Belén e San Juan Bautista.[3] Iquitos é a cidade máis grande do mundo á que non se pode acceder por estrada que non está nunha illa; só é accesible por río e aire.[4]
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Perú | |||
Rexión | Departamento de Loreto | |||
Provincia | Maynas | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 377.609 (2017) (311,2 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 1.213,4 km² | |||
Bañado por | Amazonas | |||
Altitude | 106 m | |||
Creación | 1750 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 65 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 65 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Historia
editarA zona estivo habitada durante miles de anos por pobos indíxenas. No momento do encontro europeo, os pobos napeano e iquito ocupaban a zona. Tiñan pequenos asentamentos estacionais e eran cazadores-recolectores nómades, que vivían en estreita asociación cos ríos. O nome da cidade de Iquitos deriva dun grupo de indíxenas chamados iquitos polos españois. Antes habitaran zonas ao longo dos ríos Pastaza, Arabela, Tigre, Nanay e Curaray. Finalmente, os nativos iquitos emigraron á zona arredor dos ríos Nanay, Amazonas, Itaya e o lago Moronacocha. Entre 1638 e 1769, os iquitos e outras tribos nativas víronse na obriga de establecerse en diversas misións (coñecidas como reducións) fundadas e dirixidas por misioneiros xesuítas.
Foi unha das cidades protagonistas, xunto con Manaus e Belém,[5] da Febre do Caucho (1880-1914). Este período europeizouna en diferentes niveis, no económico e social. Esta identidade perdurou na arquitectura, e no presente fomentou un crecente turismo. Converteuse nunha cidade importante de fortes raíces amazónicas cun notable centro histórico, unha gastronomía de seu e un crecente movemento cultural. En 2012, rexistrou 250 000 visitantes e recibiu máis despois de que a selva amazónica se convertese nunha das sete marabillas naturais do mundo.[6][7]
Demografía
editarIquitos é a cidade máis poboada da Amazonia peruana e da rexión de Loreto, cunha poboación estimada de 465 817 habitantes en 2015. Durante o censo realizado polo Instituto Nacional de Estadística e Informática, a cidade tiña unha poboación de 479 866 habitantes.[8]
Gráfica de evolución demográfica de Iquitos entre 1808 e 2015 |
1903—1981;[9] 1862, 1876, 1993;[10] 2007;[8] 2012 |
Segundo o censo de 2007, entre o 60% e o 80% da poboación de Iquitos era indíxena ou considerábase descendente de indíxenas. É dicir, a poboación indíxena está formada por aproximadamente 220 a 300 mil habitantes, procedentes principalmente dos pobos bora, witoto, yagua, ticuna, ocaina, e especialmente cocama e kichwa. A maioría dos indíxenas que viven permanentemente na cidade non expresan publicamente a súa identidade étnica, aínda que o fan dentro das súas propias redes sociais ou entre os seus amigos.[11] A tímida autoafirmación da identidade nativa débese principalmente á discriminación étnica que se xerou cara a eles durante décadas.[11] Porén, durante as protestas e manifestacións, visten traxes tradicionais para facer valer os seus dereitos.[11]
Transporte
editarA cidade só ten conexión aérea e fluvial co resto do país e coa única excepción da ruta departamental LO-103 (denominada polo sur como Vía Interprovincial Iquitos—Nauta), unha longa estrada que une Iquitos con Nauta polo sur e outras vilas ao norte ata chegar a San Antonio del Estrecho.[12] Seguindo o curso do Amazonas, poden chegar buques mariños de 3 000 ou 9 000 toneladas[13] e 5,5 m de calado, procedentes do océano Atlántico, polo que se considera que é a cidade máis poboada do mundo que non ten acceso terrestre ao mar. Pola súa localización xeoestratéxica, é un importante porto interno que posibilita a conexión entre o océano Pacífico e o océano Atlántico.
Notas
editar- ↑ Club de esturidantes de turismo (2009). "Iquitos. Historia". tourismofficialguide.es.tl (en castelán). Consultado o 6 de outubro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 INEI (xullo de 2023). "Situación de la Población Peruana: Una mirada hacia los jóvenes, 2023" (PDF). Consultado o 31 de xullo do 2024.
- ↑ Provincial de Maynas, Municipalidad. "Seguridad" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de novembro de 2013. Consultado o 1 de outubro de 2012.
- ↑ Lonely Planet: Iquitos
- ↑ "Ciclo da borracha".
- ↑ "Iquitos, Capital de la Amazonia Peruana". Consultado o 14 de agosto de 2012.
- ↑ "Región Loreto recibió más de 250,000 turistas en el 2012". Viajando por Perú. 26 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2012. Consultado o 27 de decembro de 2012.
- ↑ 8,0 8,1 "ciudades poblacion". inei.gob.pe. Consultado o 24 de agosto de 2018.
- ↑ Martha Rodríguez Achung (xullo de 1994). "Crecimiento Urbano de Iquitos: Condicionamientos Estructurales en la década del ’70 y sus Perspectivas" (PDF). IIAP. Consultado o 4 de agosto de 2012.
- ↑ "Iquitos - Crecimiento Demográfico (1862 - 1993)". siturismo. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2014. Consultado o 24 de agosto de 2012.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 Espinosa de Rivero, Oscar (2009). "Ciudad e identidad cultural. ¿Cómo se relacionan con lo urbano los indígenas amazónicos peruanos en el siglo XXI?" (PDF). Bulletin de l’Institut Français d’Études Andines: 6. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de marzo de 2012. Consultado o 24 de agosto de 2012.
- ↑ Oficina General de Planeamiento y Presupuesto (agosto de 2009). "Mapa Vial: Loreto 16" (PDF). Ministerio de Transporte y Comercio. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xuño de 2012. Consultado o 21 de setembro de 2012.
- ↑ Amazonuk.encarta.msn.com. Consultado o 7 de setembro de 2012. 31 de outubro de 2009.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Iquitos |