Inocencio Ferrer Ovide

xastre, fotógrafo e político galego

Inocencio Ferrer Ovide, nado en Vilamartín de Valdeorras o 15 de decembro de 1915 e finado en Santiago de Compostela o 18 de xullo de 1992, foi un xastre, fotógrafo e político galego.

Modelo:BiografíaInocencio Ferrer Ovide
Biografía
Nacemento15 de decembro de 1915 Editar o valor en Wikidata
Vilamartín de Valdeorras, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xullo de 1992 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxastre, fotógrafo, político Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Xastre en Vilamartín de Valdeorras, afiliado ao Partido Comunista de España. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido ata que pasou a Asturias. Combateu no exército leal e despois pasou polas frontes de Bilbao, Santander e Teruel. Foi comisario axudante da 45 División do V Corpo de Exército. Coa derrota da República pasou a Francia como cidadán panameño cunha documentación falsa correspondente a un seu tío emigrado naquel país.[1] Exiliouse en México, arribando ao porto de Veracruz o 13 de xuño de 1939.[2] Instalouse en Guadalaxara e en 1945 pasou a residir en Cidade de México. Amigo e compañeiro de Luís Soto, Carlos Velo e Florencio Delgado Gurriarán, participou no Padroado da Cultura Galega de México do que foi tesoureiro, e foi administrador de Vieiros. Foi membro da comisión organizadora da homenaxe ao presidente Lázaro Cárdenas en representación do Padroado da Cultura Galega en 1957. Pasou os últimos anos no fogar Virgen de los Milagros de Valdegodos, viaxando a México. Finou no Hospital Gil Casares de Santiago de Compostela o 18 de xullo de 1992.[3]

Recoñecementos

editar

Recibiu unha homenaxe no Barco de Valdeorras o 4 de xuño de 1989.[4]

Vida persoal

editar

Casou en Guadalaxara con Eva Hernández Meza en 1940, e foi pai de Nelia Ferrer Hernández, directora do Club de Danza da Escola Normal superior de México.[5]

  1. "Inocencio Ferrer, una azarosa vida plasmada en centenares de fotografías", La Voz de Galicia, Ourense, 21-6-1987, p. 40.
  2. Asilados políticos españoles llegados a bordo del vapor Sinaia
  3. La Voz de Galicia, O Barco, 19-7-1992, p. 80.
  4. La Voz de Galicia, O Barco, 6-6-1989, p. 30.
  5. Ferrer Ovide, Inocencio (1915-?)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • García Yáñez, Félix (2005). O Barco e a Terra de Valdeorras durante a II República e o Franquismo (1931-1977). Vigo: A Nosa Terra. pp. 56, 71. ISBN 978-84-96403-13-0. 

Ligazóns externas

editar