Galegos en México
Os galegos en México son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron en México, e que contan con máis de 10 000 membros aproximadamente[1][2] dispersos principalmente na Cidade de México, Estado de México, San Luis Potosí, Querétaro, Veracruz, Xalisco, Puebla, Michoacán, Campeche e Nayarit. Chegaron procedentes da Habana, Cuba, contra o Porto de Veracruz entre os anos 1821 e 1877, fuxindo da fame e nas presións políticas, que existían en Cuba. A súa segunda chegada a México produciuse entre a década de 1920 e a de 1970. O Centro Galego de México, na capital é unha asociación cultural, onde se difunde e transmite a cultura galega a todo aquel que estea interesado nela.
O Centro Galego de México (con diferentes nomes) é o principal difusor de Galicia en México dende 1911, unha porcentaxe de galegos mantívose unida polos apelidos, a lingua, o folclore, a gastronomía, os negocios e a música, pero outra importante porcentaxe viuse absorbida pola cultura mexicana sen intención algunha de formar parte das asociacións de españois instituídas no país.
Galería de imaxesEditar
NotasEditar
- ↑ Vieiros. "Languages and religions - Data, indicators". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2012. Consultado o 9 de novembro de 2009. Cidadáns galegos nas votacións.
- ↑ [1] Gallegos fuera de Galicia