Iniciativa Galega
Iniciativa Galega (INGA) foi un partido político centrista e galeguista moderado, que operaba na provincia de Lugo, que concorreu ás eleccións municipais de 2003 e que foi unha das formacións que crearon Terra Galega en novembro de 2005.
Iniciativa Galega | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | galeguismo |
Data de fundación | 2003 |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarFundación
editarRexistrouse en xaneiro de 2003 como resultado da unión dos restos das Converxencia Nacionalista Galega e doutras formacións políticas independentes da provincia de Lugo coma os Independentes da Comarca de Sarria. O seu coordinador provincial foi Anxo Rodríguez López, que fora no seu momento integrante da CNG. Concorreu en numerosos concellos da provincia lucense máis no coruñés de Cedeira. Destacaba a súa implantación no sur da provincia de Lugo, especialmente na Comarca de Terra de Lemos, Sarria ou xa máis ao norte no concello de Meira.[1][2]
Acadou 15 concelleiros e un 2,23 % dos votos en toda a provincia (en Cedeira non acadou representación), sendo os seus mellores resultados en Monforte de Lemos e Meira con 3 concelleiros, sendo chave de goberno no caso monfortino e principal forza da oposición en Meira. Foi a principal forza da oposición en Bóveda e Carballedo. En Sarria pese a ser tan só 2 concelleiros logrou a alcaldía en detrimento do PSdeG-PSOE, que había sido o gañador, ao logralo apoio do PPdeG e dunha tránsfuga do BNG. En Monforte o partido sufriu un cisma, dado que o PPdeG lle ofreceu a alcaldía á súa candidata a cambio de millonarias inversións da Xunta de Galicia, polo que esta e outra concelleira aceptaron, porén o número 2 e exalcalde pola CNG Celestino Torres rexeitou acordo algún co PPdeG e apoiou a investidura do candidato do BNG, pasando a ser Torres a única voz respaldada no concello pola dirección do partido.[3]
Integración en Terra Galega
editarEste artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
En novembro de 2005 conformou xunta Coalición Galega e outras formacións independentes o partido Terra Galega, de carácter nacionalista moderado e centrista, sendo Anxo Rodríguez o coordinador provincial da nova formación en Lugo. Porén, de cara ás eleccións municipais de 2007 e pese a lograr moitas máis candidaturas que INGA, dos seus concelleiros electos tan só continuaron por TEGA os membros de Meira, que lograron a alcaldía co apoio do PSdeG. Pola súa parte o alcalde de Sarria conocorreu como candidato do PPdeG perdendo a alcaldía dado un acordo do PSdeG cos demais grupos. A que fora a súa candidata en Monforte foi cabeza de lista do Partido Galeguista sen lograr representación. Os seus representantes en Carballedo pasaron a formar parte do PSdeG, sen conseguila alcaldía.
Resultados electorais
editar- Eleccións municipais de 2003: 5394 votos (2,23 %), 15 concelleiros (na provincia de Lugo)
Notas
editar- ↑ Francisco Albo (11 de xaneiro de 2003). "Iniciativa Galega presentará listas na maioría dos concellos do sur lucense". La Voz de Galicia.
- ↑ Carlos Cortés (18 de xaneiro de 2003). "«Podemos pactar con todos, pero co PP será máis difícil»". La Voz de Galicia.
- ↑ Luis Díaz (24 de xullo de 2003). "Iniciativa Galega expulsa a dos de sus concejalas en Monforte". La Voz de Galicia.