Celestino Torres
Celestino Torres Rodríguez, nado na Pobra do Brollón en 1921 e finado na Coruña o 16 de agosto de 2005,[1] foi un empresario e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1921 A Pobra do Brollón, España |
Morte | 16 de agosto de 2005 (83/84 anos) A Coruña, España |
Lugar de sepultura | A Pobra do Brollón |
Alcalde de Monforte de Lemos | |
1987 – 1993 (dimisión) | |
Alcalde de Monforte de Lemos | |
1979 – 1985 (dimisión) | |
Actividade | |
Ocupación | político, empresario |
Premios | |
Traxectoria
editarEmpresario do sector da madeira, foi vocal do Consello Económico Sindical de Galicia e do Consello Provincial de Empresarios. Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido alcalde de Monforte de Lemos por UCD. Foi un dos fundadores de Coalición Galega en 1983. Nas municipais de 1983 volveu ser elixido alcalde por Coalición Galega cunha ampla maioría absoluta. En 1985 renunciou á alcaldía por ser elixido deputado do Parlamento de Galicia. Nas municipais de 1987 volveu ser elixido alcalde de Monforte de Lemos pola Coalición Progresista Galega, o mesmo que nas municipais de 1991 encabezando a Converxencia Nacionalista Galega, renunciando outra vez en setembro de 1993 por ser elixido de novo deputado no Parlamento de Galicia, agora como independente dentro do grupo socialista. Nas municipais de 1999 encabezou a candidatura da CNG para tentar recuperala alcaldía de Monforte que o seu partido perdera en 1995 en favor do PPdeG, conseguindo un lixeiro avance pero sen lograr recuperala alcaldía. Nas municipais de 2003 foi o número 2 de Iniciativa Galega (INGA), formación creada pola CNG e outras formacións independentes da provincia lucense, e foi elixido concelleiro, apoiando ao goberno do BNG e PSdeG encabezado polo nacionalista Severino Rodríguez Díaz, pese a que o PPdeG lle ofreceu a alcaldía á candidata de INGA e contaba co apoio da outra concelleira electa pola formación. Mantívose como concelleiro ata o seu falecemento o 16 de agosto de 2005.
Foi nomeado fillo adoptivo de Monforte.
Predecesor: Pablo Fernández Álvarez |
Alcalde de Monforte de Lemos 1979 - 1985 |
Sucesor: José Castiñeira Puente |
Predecesor: José Castiñeira Puente |
Alcalde de Monforte de Lemos 1987 - 1993 |
Sucesor: José Castiñeira Puente |
Notas
editar- ↑ Xosé Manuel Pereiro (18 de agosto de 2005). "Celestino Torres, ex alcalde de Monforte y ex diputado gallego". El País (en castelán).
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha en galegos.info
- Luis Díaz (22 de xuño de 2002). "«Na política española vivíronse etapas de maior democracia que a actual»". La Voz de Galicia.