Indalecio Díaz Baliño

escultor español

Indalecio Díaz Baliño, nado en Ferrol o 8 de decembro de 1896 e finado na Coruña o 3 de febreiro de 1952 foi delineante e escultor galego.

Indalecio Díaz Baliño
Nacemento8 de decembro de 1896
Lugar de nacementoFerrol
Falecemento3 de febreiro de 1952
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescultor
IrmánsCamilo Díaz Baliño, Ramiro Díaz Baliño e Lolita Díaz Baliño
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Cesuras.

Fillo de Germán Díaz Teijeiro, natural de Ortigueira, e Camila Baliño López, de Ferrol, e irmán dos, tamén artistas, Camilo (1889); Ramiro (1902) e Lolita (1905), formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña, da que foi profesor e director. En 1915 recibiu unha bolsa da Deputación da Coruña para ampliar estudos na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Tomou parte na Exposición Iberoamericana de 1929.

Obras súas, de temática galega, son A volta da sega, No sermón e Devotiña. Fixo un busto de José Calvo Sotelo para a Deputación da Coruña. Participou na decoración do Hotel Finisterre da Coruña e o Teatro García Barbón de Vigo. En 1932 participou na celebración do primeiro aniversario da Segunda República Española coa realización de diversas obras. Colaborou co seu irmán Camilo na realización de escenografías.[1]

Foi nomeado membro da Real Academia Galega de Belas Artes "Nosa Señora do Rosario", correspondente en 1946 e numerario en 1948.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar