Incubus
Incubus é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en Calabasas (California) no ano 1990. Foi fundada por Brandon Boyd (voz e percusión) e José Pasillas (batería), que se coñecían da escola. Pouco máis tarde Jose coñeceu a Mike Einziger (guitarra) e a Alex Katunich (baixo) e por último entrou Dj Lyfe.
Incubus | |
---|---|
Incubus en directo | |
Orixe | Calabasas (California), Estados Unidos |
Período | 1991 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, metal alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Sony BMG Music Epic Records |
Membros | Brandon Boyd Mike Einziger Jose Pasillas Chris Kilmore Ben Kenney |
Antigos membros | Gavin Koppell Dirk Lance |
Na rede | |
enjoyincubus.com | |
Historia
editarNo seu primeiro disco, Fungus Amongus, resaltan influencias de Primus, Mr. Bungle e Red Hot Chili Peppers. Este material ten un son jazz-funk combinado con hardcore metal que ao pouco o evolucionaron ata chegar a un estilo propio, máis hard rock e caracterizado polos sons da guitarra de Mike e pola voz inconfudible de Boyd.
Logo de lanzar o disco que lles deu o empuxón, S.C.I.E.N.C.E., uníuselles DJ Kilmore xa que Dj Lyfe non se presentou ás últimas gravacións do disco e tiveron que substituílo. Neste material levaron un son máis característico, cancións frenéticas pero cunha gran gama de riffs e combinacións en todos os instrumentos.
No seguinte CD, Make Yourself, xa teñen unha calidade de son único como pode apreciarse en cancións como "Drive" ou "Stellar", que son máis alternativas que o que fixeran antes. Boyd toma o seu lugar como vocalista e compositor, recorrendo a unha gran profundidade nas súas letras.
Despois do auspicioso Make Yourself, Incubus regresa aos estudos para producir o seu próximo disco. Curiosamente, para a produción do álbum afastáronse nunha cómoda mansión situada nunha rúa chamada Morning View, que resultou finalmente ser o nome do CD. Morning View destacou con sinxelos como "Wish you were here", "Nice to know you", "Are you in" e "Warning".
Incubus sufriu a separación da súa baixista Alex Katunich (Dirk Lance), por supostas "diferenzas musicais". Esta perda representa o afastamento do jazz e funk que puido conseguir noutros discos. No seu lugar, foi convocado o baixista Ben Kenney, ex guitarrista de The Roots, e baixista do proxecto paralelo de Mike Einziger e José Pasillas, denominado Estafe Lapse Consortium.
A banda formou unha fundación sen fins de lucro, The Make Yourself Foundation, que xunta fondos para varias causas e caridades nos Estados Unidos e o resto do mundo, axudando así aos máis necesitados. A banda financia a fundación doando unha porción dos ingresos xerados polos tours, dos royaltys, de poxas en liña, e doutros eventos ou actividades.
A mediados do 2004, a banda lanza ao mercado o seu disco titulado A Crow Left of the Murder..., co que intentan retomar de certa forma o son que lograran nos seus traballos anteriores ao espectacular S.C.I.E.N.C.E., sen deixar de lado as baladas que lles deron tanto éxito nos seus álbums máis recentes. O primeiro sinxelo deste álbum foi "Megalomaniac", un tema algo polémico pola rudeza das súas líricas e polas imaxes tan cargadas de contido político e social que se mostran no seu respectivo vídeo, realizando analogías coa imaxe de Adolf Hitler e os gobernos actuais de occidente. A este sinxelo seguiríanlle temas como "Talk Shows on Mute", "Beware! Criminal", "Sick Sad Little World", "Here in my Room" e "Leech", como os máis representativos. Este álbum foi producido e mesturado polo coñecido Brendan O'Brien.
O último disco da banda saíu á venda o 28 de novembro de 2006 baixo o nome de Light Grenades. O seu primeiro single foi "Anna-Molly", que paradoxalmente Brandon interpreta na canción como "anomally" (anomalía en inglés). O presente álbum aseméllase en certo grao ao A Crow Left of the Murder, tanto na imaxe que a banda desexa reflectir cara ao público como na parte musical propiamente dita. Temas como "Dig", "Light Grenades", "Love Hurts" e "Paper Shoes" demostran a gran variedade interpretativa , e ademais a excelente proxección que teñen para un futuro.
En xuño do 2008 Brandon Boyd dixo a Billboard.com que o grupo se tomaría un descanso. Durante ese tempo os membros da banda adicáronse á familia, a estudos e a outros proxectos.
O 16 de xuño do 2009, a banda editou o recompilatorio Monuments and Melodies. Trátase dun álbum dobre cun disco de grandes éxitos e outro de versións alternativas e temas inéditos. No traballo incluense tamén dous temas novos producidos por Brendan O´Brien, "Black Heart Inertia" e "Midnight Swim", o primeiro dos cales editouse como sinxelo.
En 2011 Incubus atopábase traballando no seu novo álbum de estudio, segundo informou o grupo na súa páxina oficial o día 4 de abril do 2011. Este novo traballo levou por título If Not Now, When?, e foi lanzado o 12 de xullo.
Membros
editarActuais
editar- Brandon Boyd - Voces, Guitarra e percusión (1991)
- Mike Einziger - Guitarra, Piano e terceira voz (1991)
- José Pasillas - Batería (1991)
- Chris Kilmore - Tornamesa, órgano, piano e melotrón. (1998)
- Ben Kenney - Baixo, segunda voz (2007
Anteriores
editar- Dirk Lance - (1991-2002)
- DJ Lyfe (1996-1998)
Discografía
editarÁlbums
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Fungus Amongus | 1995 | Stopuglynailfungus Music on Chillum |
S.C.I.E.N.C.E. | 1997 | Sony |
Make Yourself | 1999 | Sony |
Morning View | 2001 | Sony |
A Crow Left of the Murder... | 2004 | Epic Records/Immortal Records |
Light Grenades | 2006 | Epic/Immortal |
If Not Now, When? | 2011 | Epic |
8 | 2017 | Island Records |
EPs
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Enjoy Incubus | 1997 | Epic/Immortal |
When Incubus Attacks Volume 1 | 2000 | Epic/Immortal |
Trust Fall (Side A) | 2015 | Island Records |
Recompilatorios
editar- Monuments and Melodies - 2009 (Epic)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial da banda Arquivado 01 de xullo de 2009 en Wayback Machine.
- The Make Yourself Foundation
- MySpace official