Illas Karimata
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
As illas Karimata son un grupo de pequenas illas de Indonesia localizadas cerca da costa oeste de Borneo, en augas do estreito de Karimata, que conecta o mar da China Meridional e o mar de Xava, onde se encontran os océanos Pacífico e Índico.
Tipo | arquipélago | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Kepulauan Karimata, Indonesia (en) | |||
| ||||
A maior das illas é a illa Karimata, que dá o seu nome ao grupo, e que mide cerca de 20 km de longo (leste-oeste) e ten unha superficie de 179 km². Na illa levántanse dous afiados cumios montañosos, de 1 022 e 1034 m de altitude.
Administrativamente, as illas son parte da kabupaten de Ketapang, na provincia de Kalimantan Occidental (Borneo Occcidental).
Poboación
editarUnha serie de pequenas aldeas están situadas na costa, a maior das cales é Padang, no extremo oriental da illa. A illa é coñecida porque os seus habitantes teñen graves problemas de malaria. Por iso, despois dunha severa epidemia desta doenza, foi repoboada con orixinarios da costa oeste de Borneo.
Historia
editarOs exploradores neerlandeses visitaron a illa de Karimata en varias ocasións.[cando?]
Ecoloxía
editarA illa Karimata ten unha ampla gama de ecosistemas, desde os mangleirais e os bosques tropicais nas terras baixas, a zonas de arbustos de montaña no cume das montañas de máis de 1 000 m de altura. As montañas son de granito.
Unha considerábel poboación de Collocalia linchi (unha especie de salangana,[1] ave da familia dos apódidos, que inclúe tamén os cirrios[2] ou birrios[3]) foi historicamente a fonte da sopa de niño de andonriña ou sopa de niño de ave, sopa considerada como unha especialidade da gastronomía chinesa.[4]
Estes niños véndense a 1 400 euros o quilogramo, prezio que ascende a 3 000 euros de comprarse unha vez procesados.
Segundo datos oficiais, hai máis de 20 000 recolectores destes niños no sueste asiático, que venden na súa totalidade á China.[5]
Esta poboación recentemente diminuíu até case a súa extinción, debido á sobreexplotación por recolectores non indíxenas que foron chegando desde o continente e illas adxacentes.
A illa Karimata está clasificada como Reserva natural polo goberno de Indonesia, pero até o momento non houbo ningunha xestión na zona. Porén, hai rumores de grandes plans de desenvolvemento turístico.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salangana.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cirrio.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para birrio.
- ↑ Marcone, Massimo F. (2005): "Characterization of the edible bird's nest the Caviar of the East". Food Research International 38: 1125-1134.
- ↑ Sara R. Estella (13de agosto de 2017). "Nidos de pájaro a precio de oro". La Voz de Galicia. Consultado o 28 de setembro de 2019.