Illa da Revolución de Outubro
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A illa da Revolución de Outubro (en ruso остров Октябрьской Революции, óstrov Oktiàbrskoi Revoliútsii) é a principal do arquipélago ruso da Terra do Norte, no Ártico, situada entre as illas Komsomólets e Pioner ó norte e a illa Bolxevique o sur.
Illa da Revolución de Outubro | |
---|---|
Localización da illa | |
![]() | |
Situación | |
País | ![]() |
Arquipélago | Severnaya Zemlya |
Mar | Océano Ártico |
Coordenadas | 79°30′N 97°30′L / 79.500, -97.500 |
Xeografía | |
Superficie | 14.170 km² |
Punto máis alto | 965 m. Monte Karpinski |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Foi explorada por primeira vez pola expedición de Gueorgui Uixàkov e Nikolai Urvantsev (1930-1932), que foron quen lle deron este nome en honor da Revolución Rusa. Segundo un decreto aprobado o 1 de decembro de 2006 polo extinto goberno rexional de Taimiria, a illa foi renomeada illa de Santa Alexandra (остров Святой Александры, óstrov Sviatoi Aleksandri) en honor da tsarina Alexandra, asasinada durante a revolución bolxevique.
Ten unha superficie estimada de 14.170 km², é a 59 máis grande do mundo. O punto máis alto é o monte Karpinski, de 965 m. A metade da illa esta cuberta por glaciares que desembocan no mar. Nas partes libres de xeo, a vexetación é de tipo desértico ou de tundra.
A illa da Revolución de Outubro ten cinco glaciares principais: Rusánov, Karpinski, Universitetski, Vavílov e Albánov, e o de Maliutka, máis pequeno. De 1974 a 1988, na parte norte do glaciar Vavílov funcionou unha estación meteorolóxica. Entre os glaciares discorren diversos ríos, o principal dos cales é o Bolxaia, en dirección noroeste.
Notas editar
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa da Revolución de Outubro |