Illa Bolxevique
A illa Bolxevique (en ruso остров Октябрьской Большеви́к, óstrov Bolxevik) é a máis meridional do arquipélago ruso da Terra do Norte, no Ártico, situada ó sueste da illa da Revolución de Outubro, da cal está separada polo estreito de Xokalski, e é a segunda illa máis grande do grupo.
Illa Bolxevique | |
---|---|
Localización da illa | |
![]() Situación da illa Bolxevique na Terra do Norte | |
Situación | |
País | ![]() |
Mar | Océano Ártico |
Coordenadas | 78°45′N 102°39′L / 78.750, -102.650 |
Xeografía | |
Superficie | 11.312 km² |
Longura máxima | 149 km. |
Largura máxima | 79 km. |
Punto máis alto | 935 m. |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Historia
editarA illa, xunto coa costa do leste do que foi chamada Terra do Emperador Nicolao II, foi descuberta por Boris Vilkitsky na época da Expedición Hidrográfica do océano Ártico de 1913. A súa insularidade, con todo, non foi demostrada ata 1931, cando foi explorada por primeira vez pola expedición de Gueorgui Uixàkov e Nikolai Urvantsev (1930-1932),[1] que foron os que lle deron este nome en honor dos bolxeviques, os primeiros comunistas rusos. Segundo un decreto aprobado o 1 de decembro de 2006 polo extinto goberno rexional de Taimiria, a illa foi renomeada illa de Santa Olga (остров Святой Ольги, óstrov Sviatoi Olgui) en honor da gran duquesa Olga, asasinada durante a Revolución Rusa.
Na actualidade a única estación Polar que opera en Severnaya Zemlya, atópase nesta illa preto de Cabo Baranov.[2]
Ten unha superficie estimada de 11.312 km². É montañosa, cunha altitude máxima de 935 m. Un 30% da illa está cuberta de glaciares (Leningrad, Semiónov – Tian Xanski e Kropotkin), mentres que as zonas costeiras teñen unha vexetación espesa de brión e liques. Aloxa a base ártica Prima.
Galería
editar-
Imaxe da illa Bolxevique (Landsat-7 1999-07-29)
-
Costa sur da
Illa Bolxevique:
Antsev Point (78°11’N, 103°7’E) -
Illa Bolxevique:
Akhmatov Fjord (79°30‘N, 103°12‘E) -
Illa Bolxevique:
Akhmatov Fjord (79°30‘N, 103°12‘E) -
Illa Bolxevique:
Baía Mikoyan unha das máis espectaculares senda de icebergs do mundo -
Illa Bolxevique:
Baía Mikoyan (79°22‘N, 102°E) -
Costas noreste da Illa Bolxevique:
senda de iceberg (79°28‘N, 103°E) -
Costa noreste da Illa Bolxevique:
senda de iceberg (79°28‘N, 103°E)
Notas
editar- ↑ Barr, William (1975). "Severnaya Zemlya: the last major discovery". Geographical Journal 141 (1): 59–71. JSTOR 1796946.
- ↑ "Bird Observations in Severnaya Zemlya, Siberia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de agosto de 2022. Consultado o 13 de xullo de 2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Bolxevique |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Datos e fotos de satélite das illas do grupo das Severnaya Zemlya, dispoñibles en:: http://www.oceandots.com/arctic/russia./severnaya-zemlya.htm.