Igor Martínez

futbolista español

Igor Martínez Caseras, nado o 19 de xullo de 1989 en Gasteiz, Áraba, é un futbolista profesional vasco da canteira do Deportivo Alavés, que xoga como centrocampista no Club Deportivo Mirandés da Segunda División B.

Igor Martínez
Información persoal
Nome Igor Martínez Caseras
Nacemento 19 de xullo de 1989 (34 anos)
Lugar de nacemento Vitoria
Altura 1,70 m
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual CD Lugo
Número 7
Carreira xuvenil
Alavés
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007–2010 Alavés 87 (12)
2010–2012 Bilbao Athletic 31 (2)
2010–2013 Athletic Club 13 (0)
2013–2015 Mirandés 67 (4)
2015–2017 Lugo 32 (2)
2017– Mirandés
Selección nacional
2008 España sub-21 2 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 10 de xullo de 2017editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Gasteiz, Igor Martínez formouse na canteira do equipo da súa cidade natal, o Deportivo Alavés, onde chegou a xogar tres tempadas co primeiro equipo. No verán de 2010, grazas ao seu rendemento, foi fichado polo Athletic Club. No equipo bilbaíno debutaría en Primeira División o 18 de setembro de 2010, nun partido disputado no estadio de El Molinón, saíndo como titular ante o Sporting de Gijón e callando unha grande actuación, dando unha a asistencia a Carlos Gurpegi para que marcase o 2-1 no minuto 29. Foi substituído no minuto 69 por Ion Vélez, quen volvía dunha lesión. Durante esa tempada xogou 8 partidos de Liga acumulando 381 minutos.[1] En outubro desde mesmo ano foi convocado por vez primeira coa selección española sub-21 de Luis Milla para xogar ante Croacia.

Tras pasarse a gran parte da campaña 2011-12 lesionado, comeza a seguinte tempada en forma e preparado para xogar. O 30 de agosto de 2012 sae desde o banco no partido de clasificación da Europa League en Finlandia contra o HJK Helsinqui, no que marca o gol que pon o empate a 3 final no marcador. Desa forma estreouse como goleador do Athletic Club. Con todo, tras non ser renovado polo equipo vasco, o 3 de xullo de 2013 vincúlase contractualmente co Club Deportivo Mirandés, equipo no que xoga 2 tempadas. O 18 de xuño de 2015 o xogador fai oficial a súa saída do club de Anduva e varios equipos mostran interese por facerse cos servizos do vitoriano, entre eles o Deportivo da Coruña, o CD Lugo, o CD Tenerife, o Real Oviedo, o Osasuna, o RCD Mallorca e o Alavés. Finalmente, o Club Deportivo Lugo anuncia a contratación do xogador vasco o 22 de xuño, sendo a primeira fichaxe do club galego para a tempada 2015-16.

Clubs editar

Club Categoría Ano Partidos Goles
Alavés Segunda 2007−2008 18 1
Alavés Segunda 2008−2009 34 3
Alavés Segunda B 2009−2010 35 8
Athletic B Segunda B 2010−2011 19 1
Athletic Primeira 2010−2011 8 0
Athletic B Segunda B 2011−2012 4 0
Athletic Primeira 2011−2012 2 0
Athletic B Segunda B 2012−2013 8 1
Athletic Primeira 2012−2013 3 0
Mirandés Segunda 2013−2014 28 2
Mirandés Segunda 2014−2015 39 2
Lugo Segunda 2015−2016 20 1
Lugo Segunda 2016−2017 12 1

Títulos editar

Athletic Club

Notas editar

  1. Ortiz de Lezcano, Javier (19 de setembro de 2010). El Correo, ed. "El prometedor estreno de Igor Martínez" (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar